Jesús Rubio Gamo no TRC Danza da Coruña

O vindeiro 1 de decembro, ás 20:30, Jesús Rubio Gamo estará no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, dentro do ciclo TRC Danza coas pezas Ahora que no somos demasiado viejos, un solo executado polo propio coreógrafo, e Bolero, un dúo interpretado por Clara Pampyn e Alberto Alonso.

 

As dúas pezas que conforman o programa do coreógrafo Jesús Rubio Gamo, o seu solo Ahora que no somos demasiado viejos e o dúo Bolero, insisten no foco artístico no que se centra como creador dende fai anos, a búsqueda da mitoloxía no seu entorno máis cercano. A composición das súas pezas sucede a miúdo a partir da súa propia biografía e a das persoas que o acompañan no camiño.

O autor, nacido no extrarradio madrileño en 1982, pon enriba da mesa en Ahora que no somos demasiado viejos a idea de que todavía non é tan vello como para comezar todo de novo. Aínda está a tempo de mudar de cidade ou de ir a un pobo abandonado, de cortar coa súa parella, de inseminarse, de cambiar de sexo, de meterse en política, de facerse ecoloxista, de continuar crendo que será capaz de todo, de seguir drogado toda a noite rodeado dos seus vellos amigos lembrando os días de xuventude, cos seus androides prateados feitos pedazos, eles, que inventaron o poliamor.

De Bolero -unha peza sobre a obstinación, sobre o límite do lixeiro e do grave, sobre o tránsito entre o pracer e o esgotamento- poderíase dicir tamén que é un baile sobre o paso do tempo. Un baile sobre as relacións que duran “toda unha vida” e as imaxes que lembra dos seus propios pais cando eran novos. Pero dende logo é o máis parecido ao Boléro de Ravel, ao amor, ás coplas e a outros boleros, que de tanto usalos, acaban por romperse.​

 

Práctica de movemento no Conservatorio de Danza da Deputación da Coruña

O venres 30 de novembro de 19:00 a 21:00 horas, no Conservatorio de Danza da Deputación da Coruña (Rúa Franja, 14) terá lugar, ademais, unha práctica de movemento co coreógrafo madrileño, unha actividade aberta a todas as persoas interesadas, previa inscrición en trcdanza@gmail.com.

“A Beautiful Mystery” é o título da investigación sobre o proceso persoal como bailarín que Jesús Rubio Gamo ten entre mans. Para o creador madrileño, o misterio dese estado extraordinario que aparece cando te ofreces ao movemento e todo o demais desaparece, onde te convertes en tempo e espazo e te fundes coa música, é o resorte dende o que nos convida a reflexionar xuntas.  Cómo se chega a este lugar? Se pode controlar? Se pode entrenar? Se pode coreografiar? Se pode partillar? Pode tocarche a ti tanto como me toca a min?

O motor da sesión é entregarnos na búsqueda dese estado excepcional que é o baile. Tecer un espazo-tempo misterioso a través das formas, dos ritmos e as emocións dos corpos de cada participante.

Jesús Rubio é un bailarín, creador e escritor independente que leva máis dunha década adicado a unha práctica artística preocupada e ocupada por desvelar as texturas, as emocións e os ritmos do interior do corpo, as súas humidades.

 

Deixar unha resposta