Crítica

Otelo

“Así caen los imbéciles”

| Camilo Franco |

Otelo

 

Facer unha versión de Otelo con personaxes manipulados é o colmo da coherencia. Otelo pasa por ser unha obra sobre os ciumes pero é, en realidade, unha obra sobre a manipulación, sobre como as palabras exactas pronunciadas no momento oportuno inflúen nos actos para mal. Viajeinmóvil deixa a historia de Shakespeare reconcentrada en cinco personaxes, pero son catro en realidade os que moven a historia, esta historia de de manipulación e inducción. Unha historia contada con intérpretes de carne e óso e con bonecos de cabeza hierática e corpo algo fantasmal.

En algún momento da historia imos ter que deixar de falar de Shakespeare. Ou poñerse e non parar máis. Porque a estas alturas da circunstancia o que conta non é tanto o que puxo o autor nas obras como o que nós queremos ler nelas. O que El viaje inmóvil quere ler en Otelo é a historia máis directamente humana, tamén máis violentamente humana. O que mide a montaxe é a escasa distancia entre a intelixencia e a estupidez, a máis escasa aínda distancia entre a realidade e a ficción. Circunstancias que agora parecen máis habituais que cando o autor decidiu utilizar a Otelo como exemplo.

A compañía chilena escolle a manipulación pero non escolle o camiño do medio. Escolle asumir a dificultade de interpretar a un personaxe mentres se move outro. A dificultade de manter os diálogos a dúas voces para un mesmo intérprete e tamén escolle manter un ton de drama sen afectacións, contradicindo o ton con que hoxe se interpretan os dramas e lembrando que os dramas son suficientes por si mesmos, non é preciso botarlles salsas.

Este Otelo marca todos os pasos da manipulación de Iago sobre o protagonista, enfatiza este proceder pola vía de deixalo como principal argumento do contado. É un argumento nítido e quizais obvio se o comparamos con unha película de espias, pero hai algo nesa obviedade que fai máis grande o manexo, unha advertencia por parte do autor que a compañía manexa con habilidade: os enganos funcionan e todos somos fáciles de enganar. Ao contrario que nas lecturas clásicas, a compañía dalle máis importancia a esa trama que á traxedia final. Otelo pasa de ser vítima a executor, ou fai unha cousa sen deixar de ser a outra. Pero tamén é certo que agora estamos máis afeitos á morte do que os espectadores do tempo de Shakespeare. Agora parece menos noticia. Quizais nos afixémos á morte, pero aínda nos sorprenden os enganos.

 

Otelo de William Shakespeare
Compañía: Viajeinmóvil
Adaptación: Teresita Iacobelli, Jaime Lorca y Christian Ortega.
Dirección escénica: Teresita Iacobelli, Jaime Lorca y Christian Ortega.
Elenco: Teresita Iacobelli, Jaime Lorca
Festival Internacional de Teatro de Ourense. Teatro Principal. 5 de outubro de 2014.

Ficha artística

Compartir

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on email

PUBLICIDADE

PUBLICIDADE

PUBLICIDADE

PUBLICIDADE

Deixar un comentario

Subscríbete

Recibe as novas, artigos, entrevistas e contidos da Erregueté para que non perdas unha!

erregueté en papelSúmate ao movemento #erreguelove!

Por só 20 euros ao ano recibirás dúas revistas coa edición de textos dramáticos