O Auditorio Municipal do Concello de Vigo acolle o vindeiro 20 de abril a estrea absoluta de Loló e Mamá a nova produción de De Ste Xeito con texto e dramaturxia de Esther F. Carrodeguas e interpretado por Stephy Llaryora e Josi Lage
As dúas actrices encarnan a Loló e a Margot, a súa nai, que se instala en casa da primeira logo de quedar no paro, a un océano de distancia. O que parecía unha idea xenial que axudaría a xuntar a unha familia desestruturada desde sempre, axiña muda en desastre. Como acolle unha filla a volta da súa nai? Quen é a nai e quen a filla cando é esta última a que ofrece casa e sustento? Canto tempo pode pasar até que esta bomba de reloxería estoupe definitivamente? Loló e Mamá fainos ver, grazas a un humor fino e acedo, que as cousas case nunca son máis difíciles do que nos gustaría e sobre todo, que o amor é unha arma de dobre fío: canto máis se ama, máis se sofre.