| Foto: Quique Alvarellos |
Este mércores 24 de outubro, ás 12:00, no Consello da Cultura Galega, será presentado publicamente o premio “Laudamuco” de textos teatrais, que honra a memoria de Roberto Vidal Bolaño. O acto correrá a cargo dos seus promotores: José Luís García García, Alcalde do Concello de Brión; Imma Antonio Souto, Presidenta da Academia Galega de Teatro e Francisco Macías de Edicións Positivas, quen presentarán as bases de convocatoria do premio.
Ao premio “Laudamuco” poderá presentarse calquera autora ou autor en lingua galega con obra dramática inédita e o premio terá unha dotación económica de 7.000 euros, ademais de asegurar a publicación da obra gañadora en Edición Positivas. O xurado será nomeado polo Concello de Brión a proposta da Academia Galega de Teatro.
- O CDG estrea ‘Memorias dun neno labrego’ - 08/01/2026
- O festival internacional Galicia Magic Fest está a celebrar a súa novena edición - 03/01/2026
- Falece o actor Miquel Insua - 31/12/2025



