in

Presentación do #Corufest na Coruña

porkulo |

#Corufest nace na Coruña como un Festival de Artes Escénicas que aposta pola programación de accións que dean visibilidade á liberdade afectivo-sexual e que sexa lugar de reflexión, diálogo cultural e inclusión social.

Esta primeira fin de semana de novembro preséntase un aperitivo da primeira edición, con eventos que se desenvolverán no Teatro Colón da Coruña. Onte presentouse a súa imaxe na Fundación Luís Seoane e hoxe iníciase unha pequena programación que dará pistas sobre como decorrerá a primeira edición, en 2019. En maio do próximo ano, A Coruña continuará esta aposta pola diversidade cunha edición máis ampla do #Corufest. A data que baralla a organización é a semana do 6 ao 12, en novos espazos como o Rosalía, o Fórum Metropolitano e as propias rúas.

#Corufest non só aposta por unha forte programación dentro do social, tamén pretende soster un claro rigor artístico. Mira cara a dentro de Galicia, que ten un gran peso en temas de diversidade dentro das artes escénicas, pero tamén cara a fóra, dentro do territorio estatal, onde se producen pezas escénicas de gran valor tanto social como artístico.

#Corufest ten o respaldo do Concello da Coruña, Deputación da Coruña, Teatro Colón, Fundación Luís Seoane e Teatro Rosalía de Castro para a realización da primeira edición en maio do 2019.

 

Programación

Venres 2 de novembro

Teatro – Acción multiespacial


Publicidade

Microobras

  • Unha rosa é unha rosa, de Teatro en punto, un texto de Afonso Becerra dirixido por Gloria Rico e interpretado por Xosé Luis Bernal “Farruco” e Roberto Leal.
  • Quédate conmigo, de Ariel Capone, con Alejandro Martínez e Brais Abad, compañía aAntena Teatro.

Obra no escenario central:

  • Porkulo. O cisne que aprendeu a combater, de Mortificación Teatro
    Un texto de javier Sáez, dirixido por Carlos Costa e con Germán Prenta e o propio Carlos Costa en escena.
    Érase unha vez o ano…
    Non nacemos homes e mulleres, nin sequera nacemos nenos ou nenas. Así arrinca Porkulo, o cisne que aprendeu a combater, cunha voz en off que narra, en forma de mito, a historia de como o capitalismo conseguiu castrar analmente ao home heterosexual.

 

Sábado 3 de novembro

​Concerto – Axitador folklórico

Rodrigo Cuevas presenta El mundo por montera
No seu segundo espectáculo en solitario fai una chamada de atención sarcástica en formato zarzuela BUFA. Feito en Asturias para o mundo. Un show no que mostra o seu universo: un mundo tradicional, rural, excéntrico pero tamén urbano, critico e tecnolóxico.
Prezo: 10€

A media noite, os Djs Fucketazzo celebrarán en La Cúpula o acto de peche da festa en colaboración co Atlantic Pride, outra celebración LGTBI que terá lugar na cidade a finais de novembro.

 

DATAS E HORARIOS
Venres, 2 de Novembro de 2018 | 20:00
Sábado, 3 de Novembro de 2018 | 20:30

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

FugaseInterferencias |

Aberto o prazo de inscrición para o III Fugas e Interferencias, Performance Art Conference

mostracangaspremios |

A Mostra de Teatro de Cangas, Premio da Crítica de Galicia