A programación de artes escénicas Vigocultura para o primeiro semestre de 2020 contará con 24 compañías que presentarán 77 funcións de espectáculos de rúa, monicreques, teatro, danza, maxia e circo. Entres os meses de febreiro e abril, o Auditorio acollerá cada venres espectáculos para adultos de compañías galegas como Contraproducións, Sarabela, Malasombra, Marelas Producións, Ibuprofeno […]
Etiqueta: Teatro en Punto
‘Chicas e chicos’, de Dennis Kelly, estréase en castelán no FIOT de Carballo
O Festival Internacional Outono de Teatro coproduce xunto á compañía madrileña El Sol de York esta conmovedora peza, ateigada de humor, dor e realidade, que baixo a batuta de Lucía Miranda, premio Ojo Crítico de RNE, pon en cuestión a masculinidade, as violencias machistas e as súas consecuencias sobre as e os menores. O […]
Obras gañadoras do III Certame de Micro-Escenas Metro Cadrado do FIOT
A Asociación Cultural Telón e Aparte convocou o pasado mes de maio o III Certame de Micro-Escenas Metro Cadrado co obxectivo de seleccionar as obras que se representarán no Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo. Entre o 20 de maio e o 30 de xuño de 2019, recibíronse un total de 33 obras para […]
O CDG celebra as Letras Galegas con 3 montaxes de Redrum, o ciclo Teatro Ob-sceno e unha xornada de portas abertas
A compañía pública amosará as dependencias da súa sede en Santiago a través de visitas guiadas e de accións escénicas nos camerinos, nas oficinas e na biblioteca. O Centro Dramático Galego (CDG) ten preparado un intenso programa de actividades durante esta semana para conmemorar o Día das Letras Galegas na súa sede do Salón […]
Vinte e catro espectáculos na programación do Concello de Vigo
O venres 25 e o sábado 26 de xaneiro arrinca na rúa do Príncipe a programación municipal de artes escénicas e musicais, VIGOCULTURA, que se desenvolverá nos meses de febreiro, marzo e abril, organizada pola Concellería de Cultura. A compañía portuguesa Projeto EZ realizará unha espectacular ruada, protagonizada por dous vehículos sorprendentes, con pases ás […]
Presentación do #Corufest na Coruña
#Corufest nace na Coruña como un Festival de Artes Escénicas que aposta pola programación de accións que dean visibilidade á liberdade afectivo-sexual e que sexa lugar de reflexión, diálogo cultural e inclusión social. Esta primeira fin de semana de novembro preséntase un aperitivo da primeira edición, con eventos que se desenvolverán no Teatro Colón da […]
Programa especial “3×3” no Auditorio de Vigo
Actualizado: Por enfermidade dun dos actores cancélanse as funcións de Unha rosa entre as pernas” da compañía Teatro En Punto previstas para mañá venres 16 e sábado 17 de marzo, enmarcadas dentro do programa especial 3×3. Os outros dous espectáculos previstos mantéñense co mesmo horario a un prezo de 6 €. Esta fin de semana, […]