Hoxe fixéronse públicos os finalistas dos Premios Gala do Libro Galego, organizados pola Asociación de Escritoras en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galiza. A entrega de premios será o vindeiro 11 de maio en Compostela.
Con estes premios preténdese recoñecer a excelencia do traballo realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2018 en Galicia. Estas distincións, sen dotación económica, xorden, en primeira instancia, das propostas das bases asociativas das tres entidades convocantes, para posteriormente seren sometidas a un proceso de preselección e á valoración e fallo por parte dun xurado externo.
Os finalistas nas categoría de teatro son:
- A fada pirata, de Carlos Labraña (Edicións Fervenza).
- A formiga fóra do carreiro, de Raquel Castro (Editorial Galaxia).
- Eroski Paraíso, de Chévere (Kalandraka Editora).
- Memorias da árbore e da noite triste. Último acto de don Ramón del Valle-Inclán, de Fátima I. Rey Blanco (Alvarellos Editora).
- Obra teatral, de Manuel María (Casa-Museo Manuel María).
Na edición do ano pasado, a obra gañadora foi Río Bravo, de Chévere, libro que inauguraba a colección “Teatro” da Editorial Kalandraka.
A lista completa de finalistas en todas as categorías pode consultarse aquí.