in

Comeza a IV edición de Terra Máxica, o Festival de Maxia de Ourense

|

A cuarta edición de Terra Máxica terá lugar do 15 de marzo ao 20 de abril en diversos escenarios de seis concellos da provincia de Ourense: Allariz, A Rúa, Baños de Molgas, Barbadás, Viana do Bolo e Verín.

Terra Máxica comeza este ano en Barbadás coa actuación de Dani García Código. Este domingo 17 o Mago Teto estará en Verín coa Conferencia-espectáculo A incrible historia da maxia. na Casa da Cultura, ás 11:30. Ademáis en Allariz, tamén o domingo 17, Fani Triana levará o seu espectáculo Fantasía dos Sentidos.

Terra Máxica é un proxecto que procura a posta en valor do noso patrimonio cultural a través de maxia co fin de dinamizar a vida cultural da provincia de Ourense. Nace da idea do traballo en rede e cooperativo entre un grupo de entidades municipais da provincia na procura de suplir eivas na política cultural que administracións superiores non dan ou queren abranguer: os Concellos de A Rúa, Allariz, Barbadás, Baños de Molgas, Verín e Viana do Bolo son os iniciadores deste proxecto que chega con ánimo integrador e de expansión coa idea de estender a nosa Terra Máxica polo país en futuras edicións.

Aquí podedes descargar o programa completo:


Publicidade

 

TerraMaxica2019 |

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

gala2 |

A TVG non retransmitirá a gala dos Premios María Casares

books 1245690 1280 |

Finalistas dos Premios Gala do Libro Galego na categoría ‘Teatro’