in

Igor Gandra comparte escenario cunha marioneta no Porto

IgorGandraOlo |
En Olo: Um Solo Sobre Um Solo adivíñanse resonancias de universos tan distintos como Heiner Müller ou Jorge Luís Borges.

 

“No inicio era eu e unha marioneta nun espazo baleiro. Era eu a descubrir o que esta marioneta era capaz de facer. Coa insistencia e a repetición, comprendín que era a propra marioneta a que (se) estaba a descubrir. Entendín daquela que este era un solo sobre un solo”. Entre o 21 e o 23 de marzo, na Sala do Tribunal do Mosteiro de São Bento da Vitória (MSBV), no Porto, Igor Gandra presenta Olo: Um Solo Sobre um Solo  –un espectáculo que naceu da súa demorada convivencia cunha marioneta nun espazo baleiro.

Asumindo a dirección, escenografia e interpretación, Igor Gandra inventou unha performance de escoita, de espera, de partilla. E de autocuestionamento: “Será que é posíble representar o que acontece cando nos fechamos sós nunha sala de ensaios co obxectivo de crear algo novo? Estaremos realmente sós cando estamos sós en escena?”. A resposta poderá estar na “boca” de unha marioneta, xa que Olo pode ser tamén o nome do homiño que observamos, como quen observa unha crianza estraña que brinca con todo e con nada.


Publicidade

A evocación da memoria, o uno e o múltiplo, o un e o outro, mostrar e esconder, conter e ser contido, contar e ser contado son algunhas das ideas en circulación nesta creación do Teatro de Ferro, onde se adiviñan resonancias de universos tan distintos como o de Jorge Luís Borges, Andrei Tarkovsky, Ágota Krystóf ou Heiner Müller. O espectáculo – para maiores de 14 anos– pode ser visto xoves e venres ás 21:00 e o sábado, ás 19:00. Os billetes custan 10 euros.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

PresentacionMC2019 |

Os María Casares contarán cunha “gala de época” a través do circo e do clown

Rosadedousaromas |

Isabel Blanco, premio Celanova Casa dos Poetas