in

Convocadas as axudas a distribución exterior de artes escénicas e música

theater 105574 |

O Diario Oficial de Galicia publicou onte as bases da convocatoria de axudas da Axencia galega de Industrias Culturais (AGADIC) para distribución e comercialización de produtos culturais tanto a nivel galego como externo. O programa pretende contribuír á distribución de espectáculos galegos profesionais, así como á promoción de artistas e produtos culturais en mercados e feiras de carácter internacional. A súa finalidade é favorecer a proxección exterior das industrias culturais galegas, cofinanciando os gastos que asumen as empresas á hora de buscar unha maior difusión do seu traballo.

As axudas, dirixidas a empresas e profesionais, tramitaranse en réxime de concorrencia non competitiva, por esgotamento do crédito que conta cun importe máximo para o financiamento de 460.000 euros, que se repartirán a partes iguais entre as modalidades de artes escénicas e música. Este orzamento supón un aumento xeral de 10.000 euros respecto ao pasado ano, aínda que a parte dedicada á distribución no mercado interior redúcese dos 100.000 euros do ano pasado a 80.000 euros no presente.

O prazo de solicitude desta convocatoria, inserida dentro do programa xeral de axudas da Agadic ás industrias culturais, esténdese desde hoxe e ata o vindeiro 31 de xullo para aquelas actividades desenvolvidas entre o 1 de novembro de 2018 e o 31 de outubro de 2019. A súa concesión é automática e realízase por orde de entrada, atendendo todas aquelas solicitudes que reúnan os requisitos esixidos ata finalizar o prazo ou, no seu caso, ata o esgotamento do orzamento.


Publicidade

Como novidade este ano, modifícase a clasificación destas subvencións para establecer dúas grandes modalidades, artes escénicas e música, entre as que se distribúe o orzamento ao 50%. Ambas inclúen subcategorías destinadas a actividades desenvolvidas fóra de Galicia: distribución de espectáculos, actuacións en feiras e festivais, e asistencia a feiras e mercados culturais, mentres que a de artes escénicas dispón dunha cuarta submodalidade destinada a apoiar xiras en Galicia.

Neste último caso, as axudas diríxense a representacións que se desenvolvan en espazos que non pertenzan á Rede Galega de Teatros e Auditorios, o circuíto cofinaciado pola Xunta e as entidades xestoras de máis de 40 escenarios asociados. Deste xeito, búscase favorecer unha maior descentralización da oferta escénica en Galicia para chegar ao maior número posible de cidadáns.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

CDG AGADIC

A AAAG esíxelle a Xunta que non paralice a actividade do CDG tras a marcha de Fefa Noia

MarySaidWhatSheSaid |

Robert Wilson estréase no Festival de Almada