Os días 21 e 22 de xuño celébrase en Ourense a sétima edición de Danza no Claustro, no Claustro de San Francisco. Este ano preséntanse no festival os traballos de Fran Martínez (Humedales), o Colectivo Glovo (EM·NA), Pájaro Mosca (Los ojos abiertos de ella e Tono, ademais do espectáculo Fronteras y Mujeres realizado coa compañía Peace of Mind), Peace of Mind (Ephimero e o xa mencionado Fronteras y Mujeres) e Lina Valverde & Camilo Regueyra (Pedrestres).
Danza no Claustro é unha proposta escénica exclusiva, un proceso de creación e investigación, que se realiza anualmente no Claustro de San Francisco, na cidade de Ourense. Os artistas internacionais e locais desenvolven unha proposta escénica en conxunto, compartindo os seus coñecementos e experiencia nun espazo histórico e importante para a cidade de Ourense. Esta programación realízase anualmente en xuño desde 2013, coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Ourense.
SóLODOS
SóLODOS En Danza é unha plataforma cultural, un proxecto de ámbito artístico-social que xenera intercambio e mobilidade entre artistas iberoamericanos. Utiliza diferentes estratexias de colaboración, para construir unha ponte cultural entre artistas de dous continentes (América/Europa).
SóLODOS En Danza é un espazo de colaboración e intercambio entre institucións públicas, privadas, festivais, organizacións sociais, culturais e artistas. As colaboracións realízanse grazas á xenerosidade das persoas involucradas nos diferentes proxectos. A plataforma ofrece bolsas, residencias artísticas, intercambios técnicos profesionais e coaching con académicos especializados en artes escénicas, entre outros.
SóLODOS quere potenciar o traballo de creadores Iberoamericanos a través de traballo comunitario, realizando un exercizo coreográfico colectivo, construindo mobilidade entre proxectos con afecto e oficio.
SóLODOS está dirixido por Maruxa Salas e Erick Jiménez.
OBRAS
Fronteras y mujeres de Peace of Mind & Pájaro Mosca / Preestrea
Coreógrafas e intérpretes: Paula Pérez Pinilla, Carmina Gimeno Latas, Noemi Sánchez Cárdenas e Elisa Medina Hudgins.
Fronteras y Mujeres parte da necesidade de inicar unha conversa que porta como bandeiras o corpo e o territorio, utilizando como pista de arranque o traballo previo realizado por ambas compañías referente á indagación de novos camiños que permitan actualizar conceptos tan variables, permeables e subxectivos, como son as fronteiras mediante o seu cruce, ruptura ou reparación.
Los ojos abiertos de ella de Pájaro Mosca
Coreógrafa e intérprete: Noemí Sánchez Cárdenas
Exploración sobre a monstruosidade. Unha busca sobre a idea de como é que unha emoción toma corpo, ritmo e tono muscular, buscando chegar á coraxe real.
Tono de Pájaro Mosca
Coreógrafa e intérprete: Elisa Medina Hudgins
Tratamos o mundo, os obxectos e a xente do mundo en función da súa proximidade (e, engadiría eu, da súa semellanza) respecto de nós mesmos. A semellanza é unha ameaza á xerarquía.
Ephimero de Peace of Mind
Peza Gañadora do Premio do Público e Premio Xove en SóLODOS En Danza Ourense 2018.
Creadoras e intérpretes: Paula Pérez Pinilla e Carmina Gimeno Latas.
Os sentidos son a porta entre o ser humano e o exterior. Sen palabras, cando dúas persoas se miran aos ollos, establecen un cimento de confianza e comunicación. A través dos aromas, sons e o simple tacto, viaxamos cara un mundo de recordos e sentimentos que nos van conectando, no transcurso da vida. Pensamentos fugaces sumisos a un cronómetro que nos balancean entre o duradeiro e as agullas do efémero.
Humedales de Fran Martínez / Estrea
Creación e interpretación: Fran Martínez | Apoios: Centro Cultural Conde Duque + Coreógrafos en Comunidad, Centro Danza Canal.
Os humedais son os meus orificios. Esvaradíos. Tranquilos. Mornos. A fronteira entre a carne quente e sangrante e un mundo hermético. Todo é misterio para quen observa, para quen o seu obxecto de desexo non se satisfai con libros de anatomía. O dentro, todo escuridade, e o fóra, que de tan visible, indescifrable.
EM·NA de Colectivo Glovo / Estrea
Coreógrafos e intérpretes: Hugo Pires Pereira e Esther Latorre Fernández.
“Somos vibración. Todo é vibración, e todo é impermanente, pois todo está en constante movemento. A nosa mente tamén é movemento, e o movemento necesita armonía para crear eficiencia. Armonía é ritmo.
Aquel que sabe manipular a vibración pode transformar as cousas ao seu arredor.”
Pedestres de Lina Valverde e Camilo Regueyra
Peza gañadora no Certame de Creación de Dúos e Solos do Festival SóLODOS En Danza Costa Rica 2019
Coreógrafos e intérpretes: Lina Valverde e Camilo Regueyra
Retrato da multitude en tránsito, collage paranoico de Chepe.
En dous corpos conflúen todxs aquelxs que camiñan, a rúa e a cidade; móvense en xeometrías e ao ritmo da urbe; é tanta a acumulación de xestos simultáneos que se tornan extracotidiáns.
ARTISTAS
Peace of Mind
Compañía fundada por Paula Pérez Pinilla e Carmina Gimeno Latas, procedentes de Tudela e Zaragoza respectivamente. Establecen un cimento entre a danza urbana e contemporánea, buscando así novas ferramentas de expresión. Participado en diversos Festivais en España como Danza e Ciudad Huesca, Des-Adarve, Versus Zaragoza e Trayectos. Foron Premio do Público e Premio Xove en SóLODOS En Danza Ourense 2018.
Pájaro Mosca
Proxecto de creación artística e investigación de movemento. O seu traballo se presentou en máis de 34 Festivais Internacionais e Certames Coreográficos en Latinoamérica e Europa. Fundado en 2012 en Mazatlán, México por Noemí Sánchez e Elisa Medina fundamentalmente interesadas na creación de lazos a través da arte, o traballo e o afecto. Foron as ganadoras de SóLODOS En Danza Costa Rica 2014.
Fran Martínez
Creador e intérprete galego de danza contemporánea formado en diversas disciplinas corporais en España, Portugal e Bélxica. Traballou con Teatro Ensalle, Tino Sehgal, Dora García, Amélia Bentes, Meytal Blanaru e Jesús Rubio Gamo. Actualmente traballa como intérprete nas compañías Natalia Fernandes e Pisando Ovos (dirixida por Rut Balbís). Co-fundador da compañía de artes do corpo Prácido Domingo xunto con Belén Bouzas e Diego M. Buceta.
GLOVO Colectivo
Debuta como colectivo en danza no certame Sporting Lados Danza de Russafa (Valencia) pero non é ata a estrea da súa peza MAPA, no festival Circuito Bucles (Valencia), cando comenzan profesionalmente co proxecto de colectivo, presentando a mesma en México e Portugal ademáis de España.
Lina Valverde & Camilo Regueyra
Coñécense cursando cuarto grao da escola no Conservatorio de Castella (2003). Foron compañeirxs no seu proceso de formación como intérpretes-creadorxs en danza contemporánea no Conservatorio El Barco (2010-2013). A súa primeira creación colectiva foi Cuello estreada como intervención de rúa (2011), presentada logo na tempada Mantícora (2013) e na plataforma Danza a la Carta (2014). A súa segunda colaboración foi Nadia, coreografía en homenaxe a Nadia Vera, dirixida por Camilo e coa participación doutrxs colegas intérpretes, estreada no Festival de Coreógrafos Graciela Moreno (2016), e remontada, en homenaxe a Berta Cáceres, a modo de site specific nunha casa particular (2018). Pedestres é o seu terceiro traballo.