in

No confín de… Paula Quintas

Paula Quintas
Bailarina, alambrista circense, coreógrafa visual e pedagoga. Paula Quintas é unha das figuras máis destacadas no panorama da danza galega e internacional. Os seus traballos nas compañías Dizzy O’Dare, trasPediante ou Pistacatro, entre outras, lévana sempre na procura de novos códigos corporais no seu traballo escénico. É codirectora do festival ourensán Corpo(a)Terra de danza e artes do corpo. | Foto: Sammi Fang |

 

O libro que tes sobre a mesa de noite.

Estética de lo performativo de Erika Fischer-Lichte. Estou revisando algúns artigos sobre a performance neste período de confinamento.

A túa banda sonora destes días.

Suite bergamasque, L.75: III. Clair de lune de Claude Debussy. Viaxo con ela cara á liberdade e á tranquilidade do movemento.

O último filme que te impresionou.

Parasitos (기생충) de Bong Joon-ho, filme de Corea do Sur que se converteu nunha das películas do ano.

A obra de arte na que te perderías agora.


Publicidade

Na exposición de Anish Kapoor para o Museo da Fundación Serralves de Porto.

A peza que che gustaría facer.

Unha vídeo-danza na que levo traballando os últimos meses. É unha peza de danza participativa na rúa que ía a estrearse este mes de maio: #SET de Cía. trasPediante e con dirección de Rut Balbís. Pero todo chegará!

Unha figura histórica coa que compartir unha caña.

Marcel Duchamp e falar dos seus readymades. Quizais moitas máis!

Se non foses bailarina, serías…

Tarotista.

Ernesto Is

(Xixón, 1988) É dramaturgo, narrador oral e docente. Premio Abrente (ex aequo) con 'Fendas' e Premio Rafael Dieste con 'Despois das ondas'. Foi seleccionado polo INAEM no Programa Dramaturgias Actuales ('El hombre que soñaba con elefantes en las estrellas'), no grupo de escrita teatral DramaturXA do CDG ('Onde veñen morrer as baleas') e na bolsa Nuevas Dramaturgias de Euskadi ('Canciones amarillas para flores tristes'). Cofundador da compañía Feira do Leste, coa que estreou 'Exilio das moscas' e 'Tras Tannhäuser' (axudas á Creación Joven do INJUVE). Membro do consello de redacción da erregueté-Revista Galega de Teatro, colabora tamén coa Revista Grial e A Movida de Vigo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Xabier Deive

Xabier Deive, presidente da AAAG: “Garantir a supervivencia do sector nunha situación de parálise total conséguese con liquidez”

Clausura Do Amor

En attendant Rambert, por Tamara Andrés