in

No confín de… Carlos Rebolo

Carlos Rebolo
Actor a tempo completo e director a tempo parcial, Carlos Rebolo protagoniza Cinco minutos sen respirar de Ítaca Teatro xunto á actriz Elea López. Este abril ía estrear o musical Pínconús, de Pínconús Teatro, no Auditorio Gustavo Freire de Lugo, con texto e dirección de José Campanari. | Foto: La Cosa Gráfica |

 

O libro que tes sobre a mesa de noite.

Adoito ter novela, para que non se me poña o cerebro a matinar antes de durmir, pero, nestes días, estou a ler e/ou reler tres libros que fan o efecto contrario e que veñen moi ben para refrescar coñecementos e conceptos ás veces esquecidos no día a día: Cambiar el punto de vista de Peter Brook, Diferente cada noche. El actor en libertad de Mike Alfreds e Un reto para el actor de Uta Hagen.

A túa banda sonora destes días.

Ando a crear listas de reprodución moi variadas. Principalmente meto nelas música da miña patria e da miña migración dela, é dicir, da infancia e da adolescencia: anos 80 e 90. E fágoas de todo tipo: para limpar, para ir á compra, para facer exercicio, para ler, para cociñar…

O último filme que te impresionou.

Diría dous. Un que fun ver dúas veces ao cine: Parasitos de Bong Joon-ho, o filme coreano que despois fixo historia nos Oscar deste ano e que mestura comedia e drama, con esa habilidade que só pode darse no mundo real e que resulta divertido e terrorífico por descubrir como somos e como podemos chegar a ser. E o outro é El Hoyo de Galder Gaztelu-Urrutia, que o vin en pleno confinamento e que nos ofrece un espello onde mirarnos e ver o tipo de sociedade que estamos a facer mentres destruímos o mundo.

A obra de arte na que te perderías agora.


Publicidade

Unha obra de arte chea de obras de arte: Loving Vincent de Dorota Kobiela e Hugh Welchman, unha película de 2017 realizada ao óleo con máis de 65.000 fotogramas animados que dan vida aos marabillosos cadros de Van Gogh.

A peza que che gustaría interpretar.

Hai tantas que non sabería cal elixir. Misery, a famosa novela de Stephen King, é unha teima desde hai tempo. Un musical de terror tamén estaría ben e mesmo algo sobre o Papa, que é unha figura que me chama moito a atención. De feito, alguén me falou dunha peza de Jean Genet, Elle, que non atopo máis que en francés.

Unha figura histórica coa que compartir unha caña.

Johan Cruyff. Porque foi un dos poucos que converteron o fútbol en algo moi parecido a unha arte e tamén viviu en primeira liña a súa conversión definitiva nun dos negocios máis lucrativos e noxentos do planeta.

Se non foses actor, serías…

Asesor, que era ao que me dedicaba antes de facer isto que sempre fun.

Ernesto Is

(Xixón, 1988) É dramaturgo, narrador oral e docente. Premio Abrente (ex aequo) con 'Fendas' e Premio Rafael Dieste con 'Despois das ondas'. Foi seleccionado polo INAEM no Programa Dramaturgias Actuales ('El hombre que soñaba con elefantes en las estrellas'), no grupo de escrita teatral DramaturXA do CDG ('Onde veñen morrer as baleas') e na bolsa Nuevas Dramaturgias de Euskadi ('Canciones amarillas para flores tristes'). Cofundador da compañía Feira do Leste, coa que estreou 'Exilio das moscas' e 'Tras Tannhäuser' (axudas á Creación Joven do INJUVE). Membro do consello de redacción da erregueté-Revista Galega de Teatro, colabora tamén coa Revista Grial e A Movida de Vigo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

RomanRodriguez04 |

A Xunta pídelle ao Goberno central ampliar as desgravacións fiscais do Xacobeo en beneficio do sector cultural e turístico

ResidenciasParaiso2020 |

As Residencias Paraíso 2020 escollen os seis proxectos artísticos da súa cuarta edición