in

A Deputación da Coruña crea unha nova liña de axudas para asociacións profesionais culturais

ACuluraEUnDereito |
A área de Cultura destina 200.000 euros para o apoio ao programa de actividades das entidades sectoriais

 

As asociacións profesionais que representan os distintos sectores da cultura poden acceder á nova liña de axudas da Deputación da Coruña que quere colaborar no desenvolvemento das súas programacións. O orzamento da nova convocatoria é de 200.000 € e as axudas poderán ser de até 30.000 €.

Asociacións de actores e actrices, de escritoras e escritores, de compañías teatrais, ou de productoras audiovisuais que agrupen profesionais e agrupacións dos distintos sectores poderán acceder á nova liña da área de Cultura da Deputación da Coruña que nace cunha dotación de 200.000 €.

“Con esta liña de axudas queremos apoiar as programacións das entidades profesionais que, entre outras cousas, para nós son fundamentais á hora de deseñar políticas culturais e defender e promocionar os distintos sectores da cultura”, sinala o deputado de Cultura, Xurxo Couto.

 


Publicidade

Entidades para a profesionalización da cultura

“Nun contexto tan complexo en que se fan tan necesarias a formulación de alternativas para a promoción e difusión de contidos culturais e para o debate sobre a situación da cultura o papel que desenvolven as entidades profesionais é aínda máis necesario e importante por iso desde a Deputación da Coruña queremos apoiar de maneira decidida o seu traballo”, explica Xurxo Couto arredor dunhas entidades que teñen especial relevancia para a profesionalización da cultura.

A nova liña de axudas diríxese ás distintas entidades sen ánimo de lucro con función de representación sectorial e colectiva, a nivel galego, das persoas e ou entidades existentes nos diferentes sectores profesionais da cultura galega que poderán acceder até un máximo de 30.000 €. Son obxecto do programa de subvencións actividades como a convocatoria e e desenvolvemento de certames, premios ou concursos. actividades de carácter formativo, elaboración, edición e difusión de contidos culturais de posta en valor do propio sector: libros; revistas, discos, filmes, exposicións…; traballos e actividades culturais de investigación, formación, análise ou debate ou actividades de posta en valor e difusión do patrimonio cultural material e inmaterial e de dinamización.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

stage |

A AAAG amosa a súa decepción ante do Plan de Reactivación para a cultura da Xunta

Andrés Giráldez

No confín de… Andrés Giráldez