in

A Asociación de Produtores Técnicos de Espectáculos de Galicia tamén censura o Plan de Reactivación da Xunta

backstage2 |

A Asociación de Produtores Técnicos de Espectáculos de Galicia (APTEGA), vén de facer público un comunicado no que amosa a súa decepción ante o Plan de Reactivación para a Cultura e o Turismo da Xunta de Galicia. A asociación sinala como principais eivas:

  • A súa falta de concreción, pois ten máis de declaración de intencións que de plan de reactivación.
  • A falta de protección a certos colectivos, pois fica na xeneralidade e non menciona a todos os afectados pola crise.
  • A súa falta de transparencia, pois moitas das asociacións non foron informadas ou consultadas en ningún momento da elaboración do Plan.
  • A falta de definición dos protocolos hixiénicos – sanitarios que serán esixidos ó sector para a súa reanudación, tan necesarios.
  • A súa falta de veracidade, pois se misturan programas e accións oridnarias coas medidas excepcionais, facendo moi difícil coñecer o esforzo real adicado ó sector.
  • O aproveitamento da crise para agrandar o Xacobeo 21, acción non consensuada co sector.

Ademais, os produtores técnicos sinalan como “moi preocupante” a medida 10 do Plan, referida á Formación no eido cultural. Segundo o seu criterio, non responde ás necesidades máis urxentes do sector. “Precísase profesionalizar o sector, no que hai moito intrusismo e pouca cualificación, sobre todo nos espectáculos públicos, por estar afectados por razóns de interese xeral e regulados por unha lexislación específica que esixen técnicos competentes para o seu desenvolvemento. Xa que logo, as administracións públicas teñen a obriga de esixir a acreditación técnica nos espectáculos públicos, cousa que non se ven facendo nin, polo que se ve no Plan, se vaia facer”, indican. “Por iso, cómpre programar accións formativas de carácter oficial para aqueles traballadores que non conten aínda coa titulación ou acreditación profesional que valide a súa competencia técnica nas actividades ligadas ás razóns de interese xeral”.


Publicidade

As críticas de APTEGA súmanse ás doutros profesionais das artes escénicas e do mundo da cultura que xa censuraron o plan de reactivación cultural presentado polo conselleiro de Cultura. A Asociación de Actores e Actrices de Galicia, a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC), a Asociación Profesional de Artistas de Galicia (A Colectiva), a Asociación de Produtores Técnicos de Espectáculos de Galicia, a Asociación Sindical Galega de Guionistas, a Asociación Galega de profesionais da Dirección e Realización ou a Coordinadora Galega de Festivais de Cinema xa fixeron público o seu malestar e decepción polo Plan de Reactivación da Xunta.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Andrés Giráldez

No confín de… Andrés Giráldez

Cris Iglesias

No confín de… Cris Iglesias