in

Voadora estrea unha peza de videocreación para o CDN

Voadora Soy Una Humana

Durante os días 7 e 8 de maio, a compañía Voadora abordou a filmación –cos protocolos de seguridade establecidos polo goberno– do traballo de videodanza, Soy una humana, dirixida por Xosé Díaz, protagonizada por Carmen Triñanes e na que Marta Pazos, a directora da compañía, pon voz a un tema musical composto polo propio Díaz.

O vídeo fai parte da iniciativa #LaVentanaDeLaCreación, do Centro Dramático Nacional “co obxecto de impulsar a creación de obras audiovisuais nacidas da experiencia do confinamento”.

O vídeo percorre distinta localizacións de Compostela e a actriz Carmen Triñanes vestindo coas cores da súa contorna, coma se dun camaleón se tratase. Para Voadora, a obra é unha reflexión “sobre a resiliencia e a capacidade do ser humano de adaptación ao medio. De como a natureza e o contexto nos están falando a berros”.


Publicidade

Marta Pazos, directora da compañía, é finalista dos International Opera Awards 2020 coa ópera Je suis narcissiste -espectáculo que opta a tres candidaturas nos Premios Max este 2020- e actualmente prepara a estrea de Siglo mío, bestia mía no CDN.

A peza pode verse aquí.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Francisco Rodrigo

O Teatro do Noroeste – CDV ofrece unha conversa sobre “Teatro pospandémico” co director Rodrigo Francisco

Rut Balbís

No confín de… Rut Balbís