O certame consiste na escrita de pezas teatrais curtas que centren a súa temática arredor da memoria histórica. O prazo de presentación de orixinais remata o 11 de decembro.
A Escola Superior de Arte Dramática de Galicia e a Deputación de Pontevedra veñen de asinar un acordo de cooperación para convocar o I Certame de Microteatro da Memoria coa fin de estimular a escrita de pezas teatrais breves cuxo eixe temático sexa a memoria histórica, de acordo coas seguintes
BASES
Participación
Poderá presentarse calquera persoa que así o desexe.
As pezas e o premio
As pezas son curtas, estilo libre, en lingua galega e temática sobre a memoria histórica pensadas para un formato de microteatro. Convócase un único premio dotado de 500€.
Prazo e presentación
O prazo de presentación é dun mes natural dende o día da públicación da convocatoria nas canles oficiais da deputación e a ESAD de Galicia. A presentación das pezas é telematica ao correo electrónico [email protected] dentro do prazo establecido (ata ás 00:00 h. do último día) e co asunto “Microteatro da memoria”. No mail irán dous documentos; un ca peza co título e o pseudónimo no nome do arquivo e o outro a plica onde porá no nome do arquivo o lema e/ou pseudónimo e dentro conterá os datos persoais (Nome completo, enderezo, teléfono e correo electrónico). O tipo de letra Arial tamaño 11 cun interlineado de 1.5. e cunha extensión máxima de 20 folios a unha cara.
Xurado
O xurado estará conformado pola coordinadora de Normalización Lingüística da ESAD, un docente da ESAD e unha persoa que designe a Deputación.
Difusión e dereitos de autoría
O Certame, a través das entidades que o organizan, posúe os dereitos da autoría para uso escénico no ano seguinte ao de saber a gañadora ou gañador, sempre no ámbito académico e sen prexuizo de outras cesións de uso.
Protección de datos
A Lei orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD) dispón a adaptación do ordenamento español ao RXPD preservando o principio de seguridade xurídica e procurando unha regulación interna complementaria para facer plenamente efectiva a aplicación do RXPD. Unha vez coñecida a gañadora ou gañador comunicarase no prazo dos quice días seguintes ao remate do prazo de presentación e eliminaranse as demais propostas enviadas ao certame.
+ Info: https://www.depo.gal/premio-aberto-de-microteatro