in

Faladoiro virtual: ‘Representacións Queer feministas no teatro’

Afonso Becerra
O Centro de Documentación e Recursos Feministas do Concello de Vigo, a través da Concellería de Igualdade, organiza esta charla que terá lugar hoxe xoves día 10 ás 19.00 h.

 

Representacións Queer feministas e a inclusión da sexualidade e da identidade na dramaturxia son os eixes temáticos sobre os que se vai desenvolver esta tarde, a partir das 19.00 h., este encontro virtual na plataforma Google Meet (código de acceso ao faladoiro: jed-gkgg-rip).

Intervirán integrantes da organización feminista Nós Mesmas e o dramaturgo, docente e director da erregueté | Revista Galega de Teatro, Afonso Becerra de Becerreá, o cal fará un percorrido por diferentes propostas escénicas e/ou dramatúrxicas a través dos corpos e das sexualidades non normativas, aquelas que confrontan ao sistema e terminan co poder da norma establecida.


Publicidade

 

Ligazón ao faladoiro: ‘Representacións Queer no teatro’
Código de acceso: jed-gkgg-rip
Información e axuda: 986 436 441

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Volumen 2

Volumen 2

Diablo en la playa | Matarile

Matarile presenta ‘El diablo en la playa’ na sala Ártika de Vigo