in

A COVID adía os María Casares ata novo aviso

Premios María Casares
Foto: La Diapo / AAAG

A actual situación epidemiolóxica levou á Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) a tomar a difícil decisión de adiar a convocatoria dos Premios de Teatro María Casares 2021. Un ano no que se cumpren vintecinco edicións dos premios do teatro galego, que se levan celebrando desde 1997.

 

A Asociación considera que existe unha “incerta perspectiva de poder desenvolver con garantías o normal funcionamento do certame e a súa entrega”, así como dificultades, por mor das restricións, para que “o censo de votantes dos galardóns poida acceder aos espectáculos estreados en 2020 para emitir o seu voto”. Deste modo, o próximo 27 de marzo, Día Mundial do Teatro, non se realizará tampouco a gala de entrega de premios. Unha gala que, segundo sinalan dende a AAAG, “ademais de ser o gran escaparate anual do noso teatro, é unha auténtica festa e reunión anual para un sector e para uns profesionais que están a atravesar enormes dificultades pola complexa situación”.


Publicidade

Uns Premios María Casares con incógnita

En 2020, a AAAG xa tivo que adiar a celebración dos premios, que se resolveron no pasado mes de novembro. Agora, a directiva enfróntase á incerteza da evolución da pandemia para anunciar novos prazos que “serán anunciados dependendo dos acontecementos neste 2021”, sinala a organización que tamén se “reserva a posibilidade de reformular tanto a comunicación pública coma a entrega dos galardóns”.

Os Premios de Teatro María Casares entregáronse por vez primeira en 1997 e dende aquela son o gran escaparate do teatro, así como a gran festa para todos os profesionais do sector. En total, os galardóns contan con 14 categorías: espectáculo, espectáculo infantil, actriz protagonista, actor protagonista, actriz secundaria, actor secundario, dirección, adaptación-tradución, texto orixinal, música orixinal, iluminación, escenografía,  maquillaxe e vestiario. Durante a gala, entréganse o Premio de Honra Marisa Soto e lese o Manifesto Galego no Día Mundial do Teatro.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

O charco de Ulises CDG

O charco de Ulises

Electra Companhia do Chapitô

Electra