in ,

O CDG retoma as funcións de ‘Terceiro acto’

Terceiro acto CDG
'Terceiro acto'. Imaxe de Miramemira

Faino despois de que o Sergas confirmase que o positivo detectado no equipo da peza e que obrigara onte a cancelar os pases da última semana da montaxe en cartel era un falso positivo. Poderá verse esta semana no Salón Teatro dende hoxe ata o domingo.

Os responsables do Centro Dramático Galego tiveran que activar onte o protocolo por COVID-19 tras o positivo dun dos membros do equipo, segundo informaron nas súas redes sociais. Esta situación supoñía a cancelación da última semana de funcións de Terceiro Acto, montaxe de produción propia que está a acadar enorme éxito de público e crítica. Porén, veñen de informar polos mesmos medios que se retoman as funcións ao confirmarse que o caso detectado fora un falso positivo.

Hoxe ás 18.00 horas haberá unha función descontraída, con condicións de luz e son adaptadas ás necesidades das persoas con diversidade funcional. Mañá a función será ás 20.00 horas e o venres e sábado haberá dobre pase, ás 17.00 horas e ás 20.00 horas. O domingo a peza pechará a súa estadía no Salón Teatro cun pase ás 18.00 horas que irá seguido dun encontro co público ao remate. Será unha función inclusiva, na que haberá intérprete en lingua de signos, audiodescricións e programas de lectura fácil.

A montaxe está dirixida por Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez, da compañía Teatro en Vilo, e ten como elenco a Belén Constenla, Roberto Leal, Fernando Morán, Mabel Rivera e Eduardo R. Cunha Tatán.


Publicidade

Terceiro acto é a segunda das tres pezas de produción propia do CDG para o 2021, xunto c’O charco de Ulises, xa estreada, e Serva me, servabo te, aínda por estrear. A peza estará tamén en Ribadavia en xullo, no marco da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, MIT.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Terceiro Acto

O CDG cancela as funcións de ‘Terceiro Acto’ por un positivo en COVID

Pioneiras

Pioneras/Aitzindariak