MIT de Ribadavia

A MIT de Ribadavia celebra o Día Mundial do Teatro coa estrea dun documental

Non vale parar. Unha MIT nos tempos da COVID é o filme das ribadavienses Ainhoa Viñuela e Blanca Selas. Unha peza sensible, enfiada pola coreógrafa Laila Tafur, en residencia artística durante a MIT de 2020. A película recolle unha ollada ampla ás emocións, imaxes imborrables, retos e compromisos colectivos que se deron cita nos espazos a ceo aberto dun dos escasos eventos culturais que deu paso á apertura e protocolos COVID nos lugares da cultura ata o día de hoxe.

Auditorio Municipal de Vigo

Vinte e case non dou creto (parte I)

Se a cultura é un servizo público, dentro do cal as artes escénicas son unha das súas manifestacións máis senlleiras, delicadas, vulnerables e actuais, en Galiza as administracións públicas non acaban de ter á súa fronte gobernantes que demostren estar á altura do lexítimo e do xusto. Por suposto, hai excepcións, pero a verdade é que o panorama neste 2020 non acaba de demostrar que teñamos persoas cultas nos postos de goberno das diferentes administracións.

Interrupted

A máquina inclemente | Manuel Xestoso |     Conciliación é unha bonita palabra que inventamos ao decatármonos de que o traballo ocupaba todo o noso espazo vital, ao advertir que a nosa vida persoal pasaba a ser un luxo que non nos podiamos permitir se queriamos sobrevivir nun ambiente laboral onde a ambición e […]