in , ,

Convocado o V Certame de Micro-Escenas Metro Cadrado do FIOT

Lara Hierro en FIOT en pausa
'Lara Hierro: Monólogo para o corpo en movemento', de Constance Hurlé, na pasada edición do certame

A Asociación Cultural Telón e Aparte, organizadora do FIOT, vén de presentar as bases do V Certame de Micro-Escenas Metro Cadrado. Con esta convocatoria pretenden apoiar a creación escénica de novos formatos e a compañías e creadores emerxentes, ofrecendo un contexto privilexiado para a presentación e estrea de espectáculos, así como captar novos públicos e implicar os espectadores e a cidadanía en proxectos escénicos.
Trátase dun concurso de proxectos escénicos de pequeno formato concibidos para poñer en escena en espazos non teatrais nos que o público se situará a curta distancia dos intérpretes.

As compañías, grupos e artistas individuais participantes deberán presentar unha proposta de dramaturxia dunha duración de entre 10 e 20 minutos creada para ser representada en espazos non teatrais de Carballo, determinados pola organización, e que busque a proximidade entre intérpretes e espectadores e espectadoras.

O prazo de inscrición está aberto e remata o 30 de xuño. Logo o xurado seleccionará de 4 a 6 propostas de dramaturxia. As propostas seleccionadas deberán ser representadas no marco do FIOT e percibirán unha compensación económica de 450 €.

Todas as obras exhibidas serán valoradas polo público asistente mediante un sistema de votacións e optarán ao Premio do Público ao Mellor Espectáculo e ao  Premio do Público á Mellor Interpretación.


Publicidade

Bases completas.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Las dos en punto | Voaxa e Carmín

Las dos en punto

Corufest

Comeza a cuarta edición do festival Corufest