Ana Abad de Larriva

Ana Abad de Larriva gaña o primeiro Certame de Microteatro da Memoria

Entre as 22 obras presentadas a concurso resultou gañadora “Un biolo na noite”, peza de Ana Abad de Larriva sobre a rede de apoio e afectos das mulleres galegas na guerra e na posguerra. O xurado destacou “o artellamento espacial execelente, vencellando as atmosferas do monte e da natureza coa intriga dramatúrxica e a historia dos personaxes a través dun diálogo áxil e profundo”. Así tamén, a acta destaca a poética da autora no desenvolvemento da temática e “o emprego dos recursos teatrais que están fiados cun tratamento lingüístico excelente”.

Auditorio Municipal de Vigo

Vinte e case non dou creto (parte I)

Se a cultura é un servizo público, dentro do cal as artes escénicas son unha das súas manifestacións máis senlleiras, delicadas, vulnerables e actuais, en Galiza as administracións públicas non acaban de ter á súa fronte gobernantes que demostren estar á altura do lexítimo e do xusto. Por suposto, hai excepcións, pero a verdade é que o panorama neste 2020 non acaba de demostrar que teñamos persoas cultas nos postos de goberno das diferentes administracións.

Lara Hierro en FIOT en pausa

‘Lara Hierro: Monólogo para o corpo en movemento’ gaña o Premio do Público do Certame de Micro-escenas Metro Cadrado

Os asistentes recoñeceron tamén a actriz Iria Pinheiro como Mellor Intérprete desta edición do M2 polo seu papel no espectáculo Croquetas.   O público asistente á cuarta edición do Certame de Micro-Escenas Metro Cadrado, a programación de creación escénica de novos formatos e de artistas emerxentes do FIOT, escolleu a performance Lara Hierro: Monólogo para […]

Aberto o prazo de inscrición para o III Certame de Microteatro M² do FIOT de Carballo

Por terceiro ano, a Asociación Cultural Telón e Aparte, organizadora do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo convoca o Certame de Microteatro M², que estende o teatro a outros espazos fóra dos escenarios tradicionais e busca novos formatos. Estas son as bases:   1º FINALIDADE A Asociación Cultural Telón e Aparte, organizadora do FIOT […]

Aberto o prazo de inscrición para o II Certame de Microteatro m² do FIOT de Carballo

Por segundo ano, a Asociación Cultural Telón e Aparte, organizadora do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo convoca o Certame de Microteatro M², que estende o teatro a outros espazos fóra dos escenarios tradicionais e busca novos formatos. Estas son as bases:   1º FINALIDADE A Asociación Cultural Telón e Aparte, organizadora do FIOT […]