in

Preséntase en Compostela unha guía de boas prácticas en xénero á hora de programar un festival

'VÉRTIGO' de Pista Catro. Foto Rosinha do Roxo, MIT Ribadavia.
'VÉRTIGO' de Pista Catro. Foto Rosinha do Roxo, MIT Ribadavia.

O espazo gastro-cultural en Compostela A Casa do Taberneiro acolle hoxe ás 13.00 horas a presentación dunha guía de boas prácticas en xénero á hora de programar un festival e a presentación da que é a nova web da Asociación Profesional de Galicia (APCG).

Baixo o título “Reviso o meu festival de circo: cara unhas boas prácticas en paridade”, preséntase hoxe ás 13.00 horas na Casa do Taberneiro e no marco das actividades da VI Edición do D10 de Pistacatro, a que pretende ser unha guía referente para os programadores e programadores e os/as profesionais do sector.

O proxecto, impulsado polos Festivais de Circada (Sevilla), Circaire (Alcudia-Mallorca), Circored (Federación das Asociacións Profesionais de Circo do Estado) e a Universidade Internacional de Andalucia (UNIA), e acollido tamén nesta presentación pola APCG (Asociación Profesional de Circo de Galicia), é pioneiro en materia de programación circense ou outras artes escénicas e está baseado na perspectiva da paridade.

A mesa de traballo de elaboración deste documento, conformada por Cristina Cazorla (La Puça Espectacles), Rosa Collel (coordinadora de Circored), María Folguera (Dirección Teatro Circo Price), Silvia Pereira (Territorio Violeta) e Marta Sitjá (PATEA e coordinadora deste proxecto), convida a reflexionar sobre todas as cuestións ou temas que deberían plantexarse á hora de abordar unha programación dende a perspectiva da paridade.


Publicidade

Un documento, hoxe presentado en Galicia por Silvia Pereira unha das integrantes da mesa de traballo, que pretende abrir unha vía de consulta e asesoramento na materia e que ten un carácter pedagóxico e tamén inclusivo. Non só aborda a cuestión de xénero, senón que se teñen en conta perspectivas de reflexión antirracista e de diversidade física e psíquica.

Así mesmo, estase realizando unha análise dende unha perspectiva integradora das distintas profesións e procesos dos proxectos circenses, atendendo á parte vinculada coa programación e a exhibición, pero tamén á configuración de equipos de traballo e postos directivos ou de responsabilidade, á comunicación, á elaboración de convocatorias e, en xeral, a tódolos planos e capas que compoñen o tecido dun festival ou dunha programación escénica.
A guia parte dunha definición de paridade e diversidade para ir desgranando a partir de aí o resto de cuestións.

Na presentación de hoxe na casa do Taberneiro, espazo que combina gastronomía local con cultura, ubicado na compostelana rúa de San Pedro, a Asociación Profesional de Circo de Galicia (APCG) presenta tamén a que xa é a súa nova web coma unha das patas dunha nova etapa que inician os e as profesionais do circo galego e para darlle visibilidade ó seu sector.

Coa web a APCG pretende ter unha nova ferramenta para dar a coñecer a realidade do circo en Galicia, os seus obxectivos e tamén as e os que a conforman. Irase dotando de contidos e actividades que se vaian sucedendo nas vindeiras temporadas.
A APCG convida a  botarlle un ollo a esta web e ver quen a integran e tamén informa que na mesma xa se pode consultar tamén a Guía das Boas Prácticas en Xénero para festivais,  unha web que conta co apoio e o impulso da Agadic e que foi deseñada por Paulina Funes a partir do logo da nova APCG creado por Andrea López.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

A sombra de Cristal

A Real Filharmonía de Galicia estrea a ópera ‘A sombra de Cristal’, de Fernando Buide, con texto e dirección escénica de Quico Cadaval

Foto Pablo Carrera.

Querida segunda persoa do singular