in ,

‘Atopémonos Bailando’ dá a coñecer aos artistas seleccionados entre 93 propostas de España e Portugal

Atopémonos Bailando 2022

Volve o programa Atopémonos Bailando, o ciclo de residencias de creación que a compañía Colectivo Glovo puxo en pé no 2020. O proxecto de reactivación de espectáculos de danza impulsado por Esther Latorre e Hugo Pereira, conta co apoio do Concello de Lugo e Agadic e acaba de dar a coñecer os proxectos e artistas seleccionados para a súa vindeira edición.

Foron seleccionados os proxectos de Sofía Kafol (Portugal), Paula Quintas (Galicia), Sabela Mendoza (Galicia), Sonsoles Cordón (Galicia), Lucía Marote (Madrid) e Alba González Herrera (Madrid) que realizarán 6 residencias artísticas ou de investigación en danza e artes do movemento no Museo Interactivo da Historia de Lugo MIHL.

O programa recibiu un total de 93 proxectos dos que 32 son de Galicia, 50 do resto do Estado e 11 de Portugal, o que confirma o éxito da proposta de consolidación e reactivación da danza e as artes do movemento.


Publicidade

As residencias realizaranse de maio a finais de outubro cunha duración de entre 5 e 10 días. Os proxectos seleccionados realizarán ademáis unha actividade de mediación coa cidadanía de Lugo como agradecemento ao apoio ao seu proxecto e devolución social do investimento.

A convocatoria de Atopémonos Bailando pretende apoiar a compañías galegas convocando tres residencias para os artistas da nosa comunidade, así como conectar Galicia con Portugal e abrirse ao resto de España con unha e dúas residencias respectivamente.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Arte sen guion |

Galicia é a comunidade autónoma convidada na 45ª edición do Festival de Almagro

exposición maria casares

Unha exposición sobre María Casares percorrerá as principais cidades galegas