in

Matarile paraliza a estrea de ‘INLOCA’ en Galicia por enfermidade dunha das actrices

INLOCA de Matarile
Imaxe: Edición Rusa

Matarile suspende temporalmente a estrea da súa última montaxe, INLOCA por enfermidade dunha das actrices do proxecto. Así o comunicou en redes sociais a compañía de Ana Vallés e Baltasar Patiño a escasas horas da función do sábado.

Con nove intérpretes en escena, a nova montaxe de Matarile conta cun equipo de produción formado por 25 persoas de varias procedencias: Canarias, Madrid, Galicia, Zaragoza e Alemaña, o que supón un enorme perxuizo para a produción que xa tiña todo preparado para a función no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela.

INLOCA supón o retorno da compañía ao gran formato, despois do dúo El diablo en la playa e conta cun elenco formado en parte por artistas habituais da compañía (Claudia Faci, Celeste González, Ricardo Santana, Nuria Sotelo, Ana Cotoré, Antón Coucheiro), e tres novas incorporacións (Alfredo Rodríguez, Alfredo Pérez e Vicente Colomar), dúas delas froito dunha audición realizada no CDN en abril, que levou por nome Just for men e na que se presentaron máis de 150 candidatos.

 


Publicidade

Unha compañía con moita historia

A compañía Matarile, dirixida por Ana Vallés e Baltasar Patiño, conta cunha traxectoria de 35 anos dedicados á creación dun teatro caracterizado pola innovación enmarcado nas artes escénicas contemporáneas. No seu traballo de creación combinan distintas linguaxes en colaboración con artistas de distintas procedencias e traxectorias artísticas, buscando sempre a excelencia na calidade artística e técnica da súa posta en escena.

Ademais da súa creación como Compañía, Matarile xerou espazos para a creación e encontro desde 1993: Teatro Galán, En Pé de Pedra Festival Internacional de Danza e Sala Montiel Espazo In-Permanente, todos en Compostela.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Marrafa de Colectivo Glovo

Colectivo Glovo, galardoado no festival italiano CORPO MOBILE

producións CDG

As novas producións do CDG falarán de fútbol, Shakespeare e Xohana Torres