O público poderá gozar dunha mostra aberta do proceso de creación do proxecto Ser, estar, parecer: atributos do verbo artístico, do colectivo artístico Pura y Fachada. Será o 29 de xullo, ás 20.30 horas, no escenario do Salón Teatro do Centro Dramático Galego. A actividade insírese dentro do residencia combinada na Cidade da Cultura e no Salón Teatro que está a desenvolver o colectivo entre o 11 e o 30 de xullo, dentro do programa das Residencias Paraíso 2022.
Ser, estar, parecer: atributos do verbo artístico recolle “unha serie de accións performáticas, públicas e espontáneas, con moito humor, e sempre desfrutonas. Un proxecto que se move entre o cotián, a democratización da arte, a estética relacional, e a hibridación arte-vida, devolvéndoa á nosa rutina”. O colectiva Pura y Fachada, nado en marzo de 2022, está formado pola galega Eva Antelo e a andaluza Sara Gema Domínguez.