in

O Cultura no Camiño enche o verán con 298 actuacións nos concellos da ruta Xacobea

Malasombra

A Xunta de Galicia programa este verán 298 actuacións en 88 localidades polas que transcorren as Rutas Xacobeas en Galicia a través do circuíto de exhibición de espectáculos ao vivo Cultura no Camiño, organizado xunto cos concellos participantes. A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades impulsa esta iniciativa co obxectivo de fomentar a contratación de bandas de música e de formacións escénicas e dinamizar culturalmente os municipios polos que transitan as diferentes variables do Camiño de Santiago. O cartel deste ciclo, que se estenderá ata o vindeiro 10 de setembro, constitúeno máis de 130 formacións artísticas, entre compañías de teatro, grupos de música, profesionais da maxia, colectivos da danza e formacións de novo circo.

Cultura no Camiño recupera nesta décima edición o obxectivo de fomentar as artes escénicas e musicais de carácter profesional nos municipios vencellados a algún dos dez itinerarios xacobeos, despois de que nos últimos dous anos as súas convocatorias se ampliaran ao conxunto do mapa municipal da Comunidade como parte das medidas que o Goberno galego tomou para apoiar o sector cultural no contexto das consecuencias derivadas da pandemia.

A Xunta de Galicia contribúe ás contratacións das diferentes formacións artísticas levadas a cabo polas entidades locais asumindo o 50% do investimento necesario para afrontar os gastos de cada espectáculo programado en concellos de menos de 20.000 habitantes e o 40% nos municipios que superen esta poboación.

Cultura no Camiño nas catro provincias

A Coruña é a provincia que acumula maior número de actuacións de Cultura no Camiño ao contar con 96 actuacións, mentres que a de Lugo dispón de 82. Pola súa banda, os concellos pontevedreses asumen 79 e os de Ourense, 41. Por xéneros, destaca a música ao achegar a este ciclo 113 concertos. Pola súa banda, o teatro para público familiar ofrece 62 funcións e o novo circo protagoniza 60.

Cultura no Camiño despedirá xullo con 27 funcións escénicas e concertos programados desde hoxe ata o domingo. O cartel previsto deste ciclo da Xunta esta fin de semana as actuacións entre 24 municipios. Dous concellos pecharán o mes coa celebración de varios espectáculos nos próximos días. Son os casos de Narón, que recibirá o sábado o músico Budiño e o dúo de narración oral Rilo & Penadique, ou de Vilar de Barrio, que acollerá os concertos de Carapaus mañá e de Fanfarria Brassica Rapa o sábado, día en que tamén actuará nesta localidade ourensá o grupo de circo A Vela.

Xanela do Maxín


Publicidade

Agosto con 167 actuacións

O groso da programación desta 10ª edición de Cultura do Camiño desenvolverase a partir da semana que vén, cunha grande presenza de propostas para público infantil e familiar que terán lugar, na súa meirande parte, en emprazamentos ao aire libre. Así, dende o luns 1 até o mércores 31 de agosto, celebraranse 167 actuacións artísticas fronte ás 78 programadas en xullo e as 53 que están previstas para os primeiros dez días de setembro.

Os concellos que se implican neste ciclo promovido pola Xunta de Galicia acollen este verán espectáculos do ámbito do circo, Pista Catro, Asacocirco, Peter Punk ou Circo Chosco son algúns dos nomes destacados do programa, que inclúe profesionais da maxia como Mago Teto, Dani García ou o Cayetano Lledó e referentes de danza como Marta Alonso Tejada, Pisando Ovos ou Ánxela Blanco.

No caso do teatro, formacións e artistas como Talía Teatro, Gazafelhos, Títeres Cachirulo, Fran Rei, Avelino González, Fantoches Baj, Larraitz Urruzola, Micromina, Marta Doviro, A Xanela do Maxín ou Malasombra actúan este verán no marco de Cultura no Camiño.

Todo o calendario actualizado de actividade de Cultura do Camiño pódese consultar na Axenda de Cultura de Galicia e na web da Axencia Galega das Industrias Culturais.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Pura y Fachada

O Salón Teatro do CDG acolle unha mostra aberta de ‘Ser, estar, parecer: atributos do verbo artístico’

Programación Titiriberia

Titiriberia di adeus á edición 2022 con Fantoches Baj, Alakrán e A Cova das Letras