O Festival Atlántica, o Colectivo de Narración Oral Galega (NOGA) e o festival Sete Falares veñen de unirse para celebrar o Día Internacional da Narración Oral, que se conmemora hoxe, 20 de marzo. Para iso, veñen de difundir o manifesto deste ano, asinado por Paula Carballeira, e están a desenvolver unha axenda de actividades ateigada de propostas en bibliotecas, teatros, auditorios e tamén sesións solidarias en hospitais e residencias da terceira idade.
As actividades estanse a desenvolver nos concellos de Ares, Arteixo, Carballeda de Avia, Barco de Valdeorras, Betanzos, Boiro, Cambados, Campolongo, Chantada, Dodro, Fene, Lugo, Mañón, Marín, Mazaricos, Meis, Moaña, Monfero, Monterroso, Mugardos, Muros, Narón, Oleiros, Ourense, Ponteareas, Pontevedra, Redondela, Ribadeo, Ribeira, Rubiá, Sandiás, Santa Comba, Santiago de Compostela, Soutomaior, Tordoia, Vigo e Ponte de Lima (Portugal).
Entre a vintena de artistas participantes no programa especial polo Día Internacional da Narración Oral figuran Aida Cobas, Alba de Vales, Amor Herrera, Ana Meilán, Ángeles Goás, Bea Campos, Brais das Hortas, Cándido Pazó, Carlos Rebolo, Charo Pita, Cris Collazo, Cris de Caldas, Inma Soto, Larraitz Urruzola, María Iglesias, Marta Ortíz, Monicreques de Kukas, Olga Abad, Pablo Díaz, Paco Nogueiras, Paula Carballeira, Pavís Pavós, Quico Cadaval, Raquel Queizás, Sole Felloza, Vero Rilo e Xabi do Camiño.
No Día Internacional da Narración Oral conmemórase a arte de narrar de viva voz e celébrase cada 20 de marzo, coincidindo co equinoccio de primavera. A festividade tivo a súa orixe en Suecia no ano 1991 e, aos poucos, fóronse engadindo outros países. Paula Carballeira, no seu manifesto, convida ‘a contar e contarse, poñendo o foco na importancia de dar luz ás voces silenciadas, agochadas, perdidas. Un convite a ser parte da historia, a ser inmortal… “se queres”’. Podes escoitalo aquí:
O deseño do cartel deste ano é de Raquel Boo.
Cartel do Día Internacional da Narración Oral 2024. Deseño de Raquel Boo.
Programa completo de actividades
Estas son as actividades que o Festival Atlántica, o Colectivo de Narración Oral Galega (NOGA) e o festival Sete Falares están a desenvolver arredor do Día Internacional da Narración Oral (aínda que suxeito a modificacións que se poden consultar nas redes sociais das tres entidades):
Parece que capaches a nosa publicidade... Os anuncios da nosa páxina permiten á erregueté manterse activa. Desactiva o Ad Blocker e refresca a páxina para poder desfrutar dos nosos contidos con normalidade.
Para ofrecer mellores experiencias, usamos cookies para gardar ou acceder á información do dispositivo. O teu consentimento permite procesar datos como a navegación. Non consentir pode afectar certas funcións do sitio.
Funcionais Always active
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario para o lexítimo propósito de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou co único propósito de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estatísticas
O almacenamento ou acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fins estatísticos.The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento ou acceso técnico é necesario para crear perfís de usuario para enviar publicidade, ou para seguir ao usuario nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.