Os días 16 e 17 de maio, dentro do FITEI, o Teatro Nacional São João, no Porto, acollerá dentro do FITEI dúas funcións de Manuela Rey Is In Da House, espectáculo con dirección e dramaturxia de Fran Núñez, creado entre o Centro Dramático Galego, o Teatro do Noroeste-Centro Dramático de Viana, o Teatro Nacional D. María II de Lisboa e o Teatro Nacional São João do Porto, que naceu nunha nova colaboración que afonda na proxección exterior do CDG e na súa estreita relación coa escena lusa.
O FITEI presenta no Salón Teatro a programación completa da súa 47ª edición
É a primeira vez que o festival presenta a súa programación fóra de Portugal
O FITEI, o Festival Internacional de Teatro de Expressão Ibérica, celebra este ano a súa 47ª edición, e hoxe presenta oficialmente en Santiago de Compostela a programación completa. Vai ser as 12:00 horas, no Salón Teatro do Centro Dramático Galego. É a primeira vez que o FITEI, o festival de teatro máis antigo de teatro en Portugal, e un gran referente no espazo iberoamericano e lusófono, presenta a súa programación fóra de Portugal, e, en concreto, en Galicia.
Gonçalo Amorim e Fran Núñez, os directores artísticos do FITEI e do CDG, respectivamente, presentarán o programa desta edición, que se desenvolverá entre o 15 e o 26 de maio, acollendo decenas de espectáculos portugueses e internacionais, e na que o CDG terá un papel moi importante coa presenza destacada da súa produción Manuela Rey Is In Da House.