in ,

Colectivo Glovo no Busan International Performing Arts Market 2024

'Alleo' de Colectivo Glovo. Foto: Alba Muriel
'Alleo' de Colectivo Glovo. Foto: Alba Muriel

Colectivo Glovo, fundado polos coreógrafos e bailaríns Esther Latorre e Hugo Pereira, consolidouse como unha das compañías con máis presenza da danza contemporánea na escena. Ambos codirectores do galardoado Colectivo Glovo, fusionaron as súas experiencias e estilos para crear obras que exploran novas formas de expresión e a conexión entre corpos, espazos e emocións. Cunha sólida formación en danza e varias colaboracións internacionais, xuntos, construíron unha narrativa artística que desafía os límites tradicionais da danza contemporánea. O seu compromiso coa creación artística levou á compañía a presentarse en festivais en países como España, Portugal, Italia, México, Costa Rica e Corea do Sur.

Alleo: unha peza con proxección

Desde a súa estrea en abril de 2022, Alleo cultivou un éxito rotundo. Cunha forte presenza en festivais e programacións nacionais e internacionais, esta peza percorreu máis de 75 escenarios desde a súa creación, en múltiples países. A obra profundiza na idea da atalaia. Parte do condicionamento da “privilexiada” posición da torre e de quen desempeñaba o papel na vixilancia: introspección humana e as relacións persoais, explorando a alienación e a conexión na sociedade actual a través dunha proposta visual e física impactante.

Participación no Busan International Performing Arts Market 2024 (BPAM)

En outubro de 2024, Colectivo Glovo foi seleccionado para participar no Busan International Performing Arts Market (BPAM), celebrado na cidade de Busan, Corea do Sur. BPAM é un evento clave para a difusión e promoción das artes escénicas a nivel internacional, onde compañías de todo o mundo presentan os seus traballos ante programadores e profesionais do sector. Este mercado é recoñecido por reunir a máis de 300 profesionais e 700 artistas de 37 países, unha plataforma inigualable para establecer contactos, pechar acordos de distribución e participar en intercambios culturais. A participación en BPAM 2024 non só permitiu a Colectivo Glovo compartir a súa obra co público surcoreano, senón tamén establecer importantes relacións con directores artísticos e programadores dalgúns dos festivais máis relevantes a nivel global. Esta exposición abre novas oportunidades para a distribución das súas obras en Asia e máis aló. Ademais, Colectivo Glovo tivo a oportunidade de participar no programa BPAM Link, onde se levaron a cabo reunións profesionais para explorar novas oportunidades de colaboración.


Publicidade

A participación de Alleo no BPAM 2024 foi un momento clave na traxectoria da compañía, abrindo portas a futuras xiras e colaboracións artísticas en Asia e outros continentes.

A traxectoria de Alleo é un testemuño do enfoque artístico de Colectivo Glovo, que aposta por crear pezas contemporáneas con mesturas do folclore galego e portugués, a través de movementos, música e vestiario.

Con Alleo, Colectivo Glovo segue demostrando a súa capacidade para conectar con audiencias diversas, a través dunha linguaxe coreográfica orixinal e profunda, reafirmando o seu compromiso coa creación de pezas que desafían e transforman a percepción da danza en contextos convencionais e non convencionais.

A compañía continuará a súa xira, levando a danza contemporánea de Galicia ao mundo, con próximas presentacións e novos proxectos en camiño para o 2025, destacando a creación de TRÏADE – novo espectáculo para rúa e espazos non convencionais que se estreará en 2025.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Isolda Comesaña no Microescena Lab de maio 2024. Fotografía de Gravidade 0.0

Microescena Lab abre a súa convocatoria de novembro

Titiriberia Cova das Letras Manuel Silva

De feiras e mareantes