in

A compañía Prácido Domingo acada o Premio da Crítica no Certame Coreográfico de Madrid

PracidoDomingo©JoaquinLeal |

Non hai que ser unha casa para ter pantasmas, da Compañía Prácido Domingo (Belén Bouzas, Fran Martínez e Diego M. Buceta) vén de gañar o Premio da Crítica da 32ª Edición do Certamen Coreográfico de Madrid. Ademais, os seus integrantes, que gozarán dunha bolsa para o BIDE (Barcelona International Dance Exchange), tamén recibiron o Premio do Ayuntamiento Alanís de la Sierra coa axuda da PAD (Asociación Andaluza de Profesionales de la Danza) cunha residencia no seu centro de creación.

Prácido Domingo é unha compañía teatral composta por Belén Bouzas, Fran Martínez e Diego M. Buceta, ex alumnos da ESAD de Galicia. Con Non hai que ser unha casa para ter pantasmas conseguiron o primeiro premio no certame Xuventude Crea, organizado pola Xunta de Galicia.

O Certamen Coreográfico de Madrid é unha plataforma de creación e formación para novas obras de Danza contemporánea e Ballet contemporáneo que actualmente organiza a Asociación Paso a 2 Plataforma Coreográfica AC coa dirección de Laura Kumin, e que nace en 1987 en Madrid coa dirección de Laura Kumin e Margaret Jova. Baixo o lema “Expanding movement”, o certame é un catalizador de novos proxectos coreográficos e un programa que fai posible a creación de redes e colaboracións presentes e futuras entre artistas.


Publicidade

O Primeiro Premio foi para Begoña Quiñones e Verónica Garzón, coa súa peza Pacto. O Premio del Jurado Joven e o Premio o Público foron para Arnau Pérez de la Fuente pola súa peza Young Blood.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

XornadasEG2018 |

Xornadas profesionais de Escena Galega no Culturgal: momento de oportunidades (se nos deixan)

UlaLua |

O novo selo Guindastre Edicións preséntase na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago