in

Presentados os proxectos da segunda edición das Residencias Paraíso

Residencias paraíso |

O Colectivo RPM chega ao remate da segunda edición do programa Residencias Paraíso, que organiza co apoio económico da Consellería de Cultura e Turismo a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), cun encontro en Santiago durante o que se presentaron os nove procesos artísticos impulsados este ano. A xornada, que se desenvolveu
durante todo o día de onte no Centro Sociocultural Santa Marta, incluíu tamén varios bloques de conversa e reflexión arredor de diferentes temas que afectan a investigación e a creación no ámbito das artes do movemento.

Os proxectos desta segunda edición, seleccionados por unha comisión artística independente, foron Método negro, de Javier Martín, quen traballou no Teatro Colón da Coruña; Lo que sigue, de Cris Balboa, na Sala Agustín Magán de Santiago; Voo, de Ánxela Blanco, na Fundación Luís Seoane da Coruña; Sobre o concepto do tempo, de Marco Antonio Regueiro Fariña, no Auditorio Municipal de Ourense; LVZ, de Luz Prado, no Teatro Rosalía Castro da Coruña; Metodoloxías carroñeras para corpos invertidos, de Gena Baamonde, no Vello Cárcere de Lugo; Fío, de Laura Iturralde e Montse Piñeiro, na Sala X da Facultade de Belas Artes de Pontevedra; Status, de Federico Vladimir Strate Pezdirc e Pablo Esbert Lilienfeld, no Pazo da Cultura de Carballo; e Illas desertas, de Laura Villaverdes e Roi Fernández, no Pazo da Cultura de Narón.

Ademais da presentación pública do traballo resultante das nove estadías, o programa deste Encontro Residencias Paraíso 2018 está a abrirse ao debate e a reflexión a través de varios bloques nos que se abordan temas como a convivencia, a creación sostible e a circulación artística.


Publicidade

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Salvador06 |

Nace o FestAlegre en Compostela

XornadasEG2018 |

Xornadas profesionais de Escena Galega no Culturgal: momento de oportunidades (se nos deixan)