in

A ESAD de Galicia convoca o VI Premio “A Pegada de Microdramas”

ESAD5 |

A ESAD de Galicia, desde o seu Servizo de Dinamización Lingüística, desexa promover a creación dramática en galego, no formato do microdrama, contribuíndo así á recuperación do formato de radio-teatro en Galicia. Farao en colaboración coa Axencia Galega das Industrias Culturais. A entrega do premio terá lugar o 27 de marzo de 2019, Día Mundial do Teatro no seu programa de actividades.

 

BASES

1ª. Poderán participar todas as persoas interesadas no premio.

2ª. Os traballos presentados deberán ser orixinais e inéditos, escritos en lingua galega e non poderán ser adaptacións. Deberan estar libres de todo compromiso editorial anterior.

3ª. Os traballos adoptarán o formato de microdrama atendendo á súa posíbel posta en escena no formato microteatral. Estarán calculados para que a súa duración sexa de dez minutos como máximo e mínimo de cinco minutos.

4ª. Non se admitirá máis de un texto por participante e de cada obra presentarase tres orixinais. O concurso rexerase polo sistema de plica. En sobre pechado as persoas que participen deberán facer constar o seu nome, apelidos, DNI, enderezo postal e número de teléfono. Os traballos faranse chegar á secretaría da ESAD de Galicia, sita en R/ Poza Cabalo s/n 36212 Vigo. Conservaranse durante un mes a partir da data en que se faga publica a resolución do xurado e despois destruiranse os que non fosen solicitados polas persoas que os escribiron. O prazo de admisión de orixinais comezará cando se faga pública esta convocatoria e rematará o día 22 de marzo de 2019. A entrega do premio terá lugar na ESAD de Galicia o día 27 de marzo de 2019 durante a celebración do Día Mundial do Teatro.


Publicidade

5ª. Os argumentos das obras serán de temática libre.

6ª. O xurado estará integrado por profesorado da ESAD de Galicia. O xurado valorará especialmente, ademais da calidade dramática, o axeitamento das obras ao xénero microdramático, así coma a calidade da lingua galega empregada: corrección e/ou adecuación, riqueza, vitalidade e creatividade.

7ª. As persoas premiadas e finalistas ceden á ESAD de Galicia os dereitos de comunicación pública, reprodución e distribución precisos para a posta en escena da obra.

8ª. O xurado escollerá entre as obras presentadas un premio único dotado con 200 euros, aos que se engade un lote de libros teatrais doados a tal fin pola Axencia Galega das Industrias Culturais. O xurado poderá outorgar tamén ata un accésit dotado con outro lote de libros teatrais. O xurado reserva a facultade de declarar deserto o premio convocado.

9ª. Calquera incidencia non prevista nesta convocatoria será resolta polo xurado.

10ª. O feito de concursar supón a aceptación destas bases.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

JanetNovasMercedesmaiseu |

O TRCDanza da Coruña afondará na relación entre xénero e corpos

CompañeiraPiso |

Contraproducións estrea ‘A compañeira de piso’ no Salón Teatro