in

Chamamento para contribucións ao I Congreso Internacional do Teatro Galego

CongresoTeatro |

A Academia Galega de Teatro convoca –coa colaboración do Consello da Cultura Galega, as tres universidades galegas, a Xunta de Galicia e as principais asociacións profesionais do medio, entre outros moitos colectivos e institucións– o I Congreso Internacional do Teatro Galego, que terá lugar en Santiago de Compostela entre os día 25 e 28 de marzo de 2020.

Para alén dos relatorios plenarios e nove mesas de traballo que contarán coa participación de persoas especializadas en diferentes aspectos da creación, distribución, produción e programación de espectáculos teatrais, as Comisións Organizadora e Científica deste evento internacional fan á comunidade investigadora un chamamento para a participación no mesmo a través de comunicacións libres e paneis –integrados por tres comunicacións– relacionados coas liñas temáticas do Congreso ou sobre calquera outro aspecto relacionado coa arte dramática galega.

 

Liñas temáticas principais

  • Experiencia, actualidade e modelos externos
  • O teatro e os públicos
  • A creación e os seus procesos

 

Linguas

Aceptaranse propostas en galego, portugués e español.

 

Prazos

  • Primeiro prazo: 25 de xullo de 2019
  • Segundo prazo: 25 de decembro de 2019

 

As propostas de comunicacións libres serán enviadas a través do seguinte formulario on-line:

ou por correo electrónico:


Publicidade

[email protected]

indicando:

  • ámbito de estudo
  • resumo da proposta (máximo, mil caracteres)
  • cinco palabras chave
  • un máximo de cinco referenciais bibliográficas
  • breve CV (máximo, mil caracteres)

 

A Comisión Organizadora comunicará a aceptación ou non da proposta antes dun mes a contar desde a súa recepción.

A presentación das comunicacións non excederá dos 15 minutos.

A cota de inscrición será de 30€ no primeiro prazo e 50€ no segundo –cunha redución do 50% para estudantes e persoas desempregadas.

Máis tamén se podén acoller ás axudas que a propia convocatória estabelece:

http://congresodoteatro.gal/axudas.html

 

Posteriormente á celebración do Congreso, a Comisión Científica proporá as comunicacións que serán publicadas xunto coas conferencias plenarias e as comunicacións dos argüentes das mesas de traballo nunha edición en liña a cargo do Consello da Cultura Galega que contará con ISBN.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Maria Peinado

María Peinado: “Non ten sentido unha axuda á produción se despois a compañía non ten funcións”

OAutomato |

Comeza a 38ª edición do Fazer a Festa en Maia