in

O Arquivo Dixital Valle-Inclán, Premio de Humanidades Dixitais Hispánicas

|

O grupo de investigación Valle-Inclán da USC, dirixido pola profesora da Área de Literatura Española Margarita Santos Zas, vén de acadar o premio Humanidades Dixitais Hispánicas á mellor ferramenta, recurso e infraestrutura 2018 polo Arquivo Dixital Valle-Inclán (1888-1936), tal é como se recolle na resolución emitida polo xurado encargado de fallar a primeira edición dos Premios HDH2018.

O Arquivo Dixital Valle-Inclán (1888-1936) é unha das tarefas de maior envergadura que ten abordado o Grupo de Investigación Valle-Inclán da USC (GIVIUS) tanto pola inversión de recursos humanos e materiais destinados, como polo traballo coordinado de equipos. O excelente resultado desta actuación xustifica a xa longa traxectoria deste grupo de investigación da USC. Daquela, cómpre salientar que o Arquivo Dixital Valle-Inclán (1888-1936) recolle o corpus impreso do escritor anterior a 1936: documental, hemerográfico e bibliográfico, ademais de iconográfico e gráfico, compilado por el GIVIUS ao longo dos seus vinte anos de traxectoria

O fondo compilado no Arquivo Dixital Valle-Inclán (ADVI) está integrado por 4.500 documentos aproximadamente que, convertidos en imaxes dixitais, acadan a cifra de 80.000 documentos. O ADVI proporciona desta xeito unha plataforma de consulta en liña a unha diversidade de usuarios e constitúe asemade unha potente ferramenta para a comunidade investigadora. O acceso a todo o material que forma parte deste arquivo dixital, alén de constituír a principal achega do GIVIUS aos estudos valleinclanianos, é a súa contribución ao campo das Humanidades Dixitais e, por último, cumpre o obxectivo de devolver á sociedade o traballo realizado con fondos públicos (proxectos de investigación financiados por Mineco-fondos FEDER e/o la Xunta de Galicia).


Publicidade

O xurado encargado de fallar a primeira edición dos Premios Humanidades Dixitais Hispánicas (HDH) estivo formado por Sagrario López Poza, da Universidade da Coruña; Domenico Fiormonte, da Universidade de Roma Tre); Paul Spence, de King´s College London; Carmen Isasi, da Universidade de Deusto, e Nuria Rodríguez Ortega, da Universidade de Málaga e presidenta de Humanidades Dixitais Hispánicas.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

ElectraChapito |

Electra

PradioDomingo4 |

A sala Ingrávida entrega este sábado o premio Coiro de Pita