in ,

Viana do Castelo acolle o II Festival Transfronteirizo de Teatro Amador

Get Back porta aberta |

O Teatro Municipal Sá de Miranda de Viana do Castelo acolle do 20 ao 22 de setembro o II Festival Transfronteirizo de Teatro Amador promovido pola PLATTA -que integran a Federación Galega de Teatro Amador, a Federación de Grupos Aficionados de Teatro de Castilla y León, o Teatro do Noroeste-Centro Dramático de Viana/Teia e a erregueté. Esta nova edición do festival propón un programa intenso no que a creación se combina coa formación e a reflexión co obxecto de contribuír ao intercambio entre amantes do teatro do norte de Portugal, Galicia e Castilla y León.

O programa do evento comeza o venres 20 de setembro ás 21:30, na Sala Principal do Teatro Sá de Miranda, da man dos galegos Porta Aberta con Get Back. Escrita por Diego Ameixeiras, a peza trasládase a un día de rutina no metro de Londres do século XXI con cinco personaxes totalmente diferentes pero con un lugar común.

O sábado 21 de setembro, a programación continúa con Meditaciones para una emergencia, do grupo castelán Cachivache. Baixo a dirección de Javi Velasco e con texto do propio grupo, a peza embárcase nunha viaxe a través das “frustracións, odios, envexas, rancores, egoísmos, amores, inimizades ou todo o contrario, que poden ser o resultado dunha amizade verdadeira e profunda”.

Pola súa parte, o domingo 22 de setembro ás 16:00, o grupo portugués Teatro do Vez será o encargado de pechar o programa de exhibición con Os 10 cobrimentos. Sílvia Barbosa é a directora da peza que retrata os descubrimentos portugueses de forma “des(construtiva) e na que o seu autor, Mário da Costa, “brinca com seriedade, faz a teatralização histórica da História ao Vivo, da sátira social, do humor constante, muitas vezes brutal, desajeitado, corrosivo, mas lucidamente construtivo”.

 


Publicidade

I Premio Platta de Teatro Breve

O domingo 22 de setembro ás 12:00, terá lugar a presentación do texto gañador do I Premio Platta de Teatro Breve – Portugal, que nesta ocasión foi para a peza A importância de se chamar António, de Xacobe García. A peza, editada xunto coas súas traducións ao galego e ao portugués na colección Cadernos Platta, que edita a erregueté cofinanciada pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal, poderá verse en escena da man das 15 persoas participantes nos obradoiros de lecturas dramatizadas en tres linguas que se desenvolven durante o festival.

Dentro da súa actividade, coa intención de ofrecer un espazo para a reflexión sobre as artes escénicas e abrir novas perspectivas desde o teatro amador, a directora e docente portuguesa Luísa Pinto será a encargada de ofrecer unha nova entrega dos coloquios que neste 2019 se dedican ao tema “Teatro e inclusión”. O encontro terá lugar o domingo 22 de setembro ás 15:00 no Salón Nobre do teatro vianense.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Toño Casais

Toño Casais recibe a alta hospitalaria

ChevereMacara |

Chévere deixa de ser compañía residente en Teo