in

Adiado ata outubro o I Congreso Internacional do Teatro Galego

conference |

A Academia Galega de Teatro vén de facer público un comunicado polo que anuncia o adiamento do I Congreso Internacional do Teatro Galego por mor das recomendacións da Organización Mundial de Saúde, as orientacións ditadas pola Xunta de Galicia e as decisións xa tomadas polas autoridades sobre o aforo de espazos públicos para as vindeiras semanas, no contexto da prevención e contención da propagación do novo coronavírus (COVID-19).

As novas para o Congreso son os día 7, 8, 9 e 10 de outubro, na Cidade da Cultura e, agás cambios, co mesmo programa que agora estaba vixente.


Publicidade

O Congreso mantén os seus obxectivos: por unha banda, analizar o pasado e o presente do teatro galego a través de comunicacións, mesas redondas e sesións plenarias dende unha perspectiva académica que contribúa a un mellor coñecemento do sistema teatral de Galicia. Por outra, deseñar, a través do debate, os principios teóricos que deben guiar a creación dun plan estratéxico e unha lei do teatro para a vindeira década. Equilibraranse así dúas perspectivas –académica e política– para deseñar o futuro do teatro galego.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

CartazCasares2020 |

A AAAG adía a gala de entrega dos Premios María Casares

teatro0987637 |

Cancelacións nos teatros galegos polas medidas de prevención contra o Covid-19