A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), entidade organizadora dos Premios de Teatro María Casares, apraza a gala de entrega dos premios, que estaba prevista celebrarse no Teatro Rosalía Castro da Coruña o xoves 26 de marzo, así como as actividades paralelas previstas.
O prazo de votacións, realizado telematicamente a través da plataforma de votación dispoñible para o censo de votantes, continuará adiante. Dependendo dos acontecementos, a organización dos premios decidir, cando sexa posible, o xeito de comunicar os e as gañadoras nas catorce categorías, reservándose a posibilidade de celebrar a gala noutro momento do ano ou reformular tanto a comunicación pública coma a entrega dos galardóns.
- Arranca Ribeirocreques, o I Festival de Monicreques do Ribeiro - 11/06/2026
- O Sete Falares inaugura hoxe unha nova edición - 07/06/2026
- Vimianzo acolle a inauguración de Escora Danza - 06/06/2026



