As salas pertencentes á estatal Red de Teatros Alternativos –entre os que se atopan o Teatro Ensalle e a sala Ártika de Vigo– centrarán os seus esforzos até setembro no apoio aos procesos de creación e na adaptación dos espazos ás novas condicións de exhibición.
As salas que integran a Red de Teatros Alternativos –dentro das que se contan o Teatro Ensalle e a sala Ártika, ambas as dúas de Vigo– traballará durante os próximos meses para poder funcionar como “articuladora de recursos”, a prol da propia Rede e dos espazos e proxectos que a integran, e coa mirada nos artistas máis vulnerables que quedaron fóra do acceso extraordinario á prestación por desemprego, proporcionada dentro das axudas facilitadas polo Ministerio de Cultura e Deportes.
A Rede quere salientar o traballo xa iniciado para facer fronte á crise provocada pola Covid-19, mantendo os proxectos clave desta organización e atendendo a esa comunidade de creadores máis fráxiles ante a recesión económica, social e cultural derivada da pandemia. Xa que logo, as salas pertencente a esta rede centraranse na creación e no apoio ás creadoras a través de residencias, encontros e articulación de recursos
Nese sentido, quérese incidir no posicionamento dos proxectos integrantes non só como lugares para a exhibición, senón tamén para todas aquelas actividades que rodean a escena e a configuran en lugares poliédricos arredor do artístico.
Desde la Red de Teatros Alternativos se entiende la necesidad del trabajo con las administraciones y con el propio sector, y está en su ánimo el seguir construyendo para legitimar el valor cualitativo de la escena contemporánea para la construcción del tejido escénico global. Aunque las 46 salas que integran la Red pueden contextualizarse en realidades diversas, una sólida trayectoria de más de 20 años y objetivos envuelve a la mayoría y desde esa consolidación se trabajará por el bien de la colectividad
Traballo continuado en maio, xuño e xullo e apertura á exhibición en setembro
Durante os próximos meses e até setembro, cando se retome a exhibición nas salas que compoñen a Rede –se a situación de desescalada sanitaria o permite– os 46 proxectos que a integran desenvolverán varias actividades, que xa se traballan de xeito habitual en cada sala durante todo o ano. Alén da exhibición, as salas son epicentro para a formación, o encontro, a creación con formato de residencias e o traballo cos públicos.
Todo iso, máis un traballo preparatorio en canto aos protocolos necesarios para a apertura á exhibición no próximo mes de setembro, ocupará o groso da súa actividade, adecuada aos diversos ERTES aos que se acolleron moitas traballadoras e creadoras. O obxectivo da Rede é desenvolver o seu labor como articuladora de recursos.