in

Incendiaria impartirá un obradoiro de creación escénica en Cangas

A Creación do Anticorpo
Será grazas á liña de axudas para o impulso do sector escénico galego convocadas pola AGADIC.

 

O espectáculo Microspectivas dun marica millennial será o punto de partida desde o que a compañía Incendiaria impartirá en Cangas o obradoiro de creación escénica ‘A creación do anticorpo’ os días 18 e 19 de decembro. Esta coprodución do Centro Dramático Galego, estreada precisamente no Auditorio Municipal da vila do Morrazo, é unha reflexión sobre a infancia e a creación desde a perspectiva dun artista LGTBIQA+. O proxecto xestouse no marco das III Residencias Paraíso que cada ano convoca o Colectivo RPM.

A compañía, formada no ano 2014 por Davide González e Vanesa Sotelo, conta coa colaboración da Escola de Teatro de Cangas/Teatro de Ningures á hora de desenvolver este curso que xa ten todas as prazas completas.

Microspectivas dun marica millennial foi un dos proxectos beneficiarios das axudas ao impulso do sector escénico que AGADIC e Xunta de Galicia convocaron o pasado verán para minimizar o impacto económico que a pandemia da COVID-19 tivo na actividade das compañías galegas.

Redacción

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Dramaturxias Itinerantes

Presentadas as ‘Dramaturxias Itinerantes’ de 2020

Velliñas

ButacaZero e Inherente Teatro estrean ‘Velliñas’