in

ButacaZero e Inherente Teatro estrean ‘Velliñas’

Velliñas
A coprodución preséntase este venres día 18 ás 18:30 h. en Sada con entradas limitadas.
| Deseño do cartel: Noa Covelo |
 

Todas as persoas que se acheguen este venres día 18 ás 18.30 h. á Casa da Cultura ‘Pintor Lloréns’ de Sada poderán desfrutar da nova proposta de ButacaZero en coprodución con Inherente Teatro: Velliñas, unha peza sinxela, con utilización da máscara larvaria, pensada para rúa, que finalmente verá a luz tralos adiamentos provocados pola pandemia da COVID-19.

Velliñas é un espectáculo que tenta ser un impulso para facernos camiñar de novo. Tres mulleres maiores deciden embarcarse, a pesar da idade, nunha viaxe a pé cara a Santiago de Compostela. Pero esta premisa non é máis que a escusa para poñer en escena todos os problemas polos que pasamos día a día na convivencia: os medos que nos atrapan e non nos permiten camiñar, as imprudencias que nos fan perder o norte… E para contar esta historia chea de humanidade, o equipo artístico decidiu utilizar unha das ferramentas actorais máis básicas, a máscara larvaria, e valerse do menor número de elementos posíbeis.

Con dirección de Xavier Castiñeira e dramaturxia de Esther F. Carrodeguas sobre a peza orixinal de Inherente Teatro; en Velliñas tres actrices, Noelia BlancoNoa Covelo e Pía Nicoletti, introducen ao público nun mundo máxico no que tanto a rapazada como as persoas maiores poderán gozar dun pequeno bocado teatral que nos anime a todos a seguir camiñando da man de Ramona, Filomena e Anabel, tres personaxes entrañables.


Publicidade

Porque Velliñás é, ante todo, unha homenaxe ás e aos maiores. Un canto teatral que nos empurra a non desistir no noso empeño, sexa cal sexa a idade.

Reserva a túa entrada

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

A Creación do Anticorpo

Incendiaria impartirá un obradoiro de creación escénica en Cangas

Alén - A Formiga Teatro

A Formiga Producións Teatrais estrea ‘Alén’