Todas as persoas que se acheguen este venres día 18 ás 18.30 h. á Casa da Cultura ‘Pintor Lloréns’ de Sada poderán desfrutar da nova proposta de ButacaZero en coprodución con Inherente Teatro: Velliñas, unha peza sinxela, con utilización da máscara larvaria, pensada para rúa, que finalmente verá a luz tralos adiamentos provocados pola pandemia da COVID-19.
Etiqueta: Inherente Teatro
Artes escénicas na terceira edición do Festival 85C de Vigo
Entre os vindeiros 7 e 9 de setembro celebrarase en Vigo unha nova edición do Festival 85C que reúne a mulleres creadoras de todas as artes e disciplinas. Máis de 25 locais da cidade, acollerán as propostas dunhas 80 artistas diferentes. O evento está organizado desde a asociación sen ánimo de lucro, 85C, que traballa […]
Libros: novidades
Dramaturxia Galega Actual, A Feira Edicións. Un volume que recolle catro obras: Dramaturxia das Mulheres (Inherente Teatro), Tras Tannhäuser (Ernesto Is), Loló e Mamá (Esther F. Carrodeguas) e A enterradora (Miguel Sande), esta última gañadora do I Certame de Nova Dramaturxia Galega Actual, convocado pola compañía Feira do Leste, que é tamén a responsable […]
Inherente Teatro participa hoxe no ciclo “Mulleres en acción” en Gondomar
O Concello de Gondomar acollerá este mércores 20 de xuño, ás 12.00h na Praza do Concello, á décimo cuarta intervención artística do programa “Mulleres en Acción. Violencia Zero”, iniciativa da Deputación de Pontevedra que ten por obxectivo darlle visibilidade á loita contra as violencias machistas así como dar a coñecer o traballo de novas artistas […]
Dramaturxia das mulheres
Insubordinación posdramática das mulheres | Afonso Becerra de Becerreá | O mundo, a visión do mundo, do mundiño pequeno no que vivimos, é unha necesidade perentoria para tropezarmos menos ou para tropezarmos mellor, ou sexa, con menos dor. Pero para iso non nos basta só cos nosos ollos e coas nosas entendedeiras, precisamos […]