Será mañá, 27 de febreiro, ás 18.00 horas no Auditorio Municipal.
No medio da pandemia vén de nacer unha nova compañía, Compañía Eléctrica, onde están Iria Pinheiro e Suso Jalda de xeito permanente e por onde transitan outras artistas, como Areta Bolado (música e actriz), Paulo Pascual (músico) e Ailén Kendelman (música e actriz) nesta primeira peza, Aibō. A montaxe, que se estrea mañá, sábado 27 de febreiro, en Cangas, no Auditorio Municipal, é para todos os públicos, a partir dos tres anos, aínda que Compañía Eléctrica quere no futuro alternar o teatro familiar co teatro para persoas adultas.
Aibō en xaponés significa compañeira/o, a palabra que coidaron que mellor se axustaba para definir esta fábula moderna inspirada na Carapuchiña Vermella. Nela amósase unha visión diferente do conto popular que pretende dar unha ollada positiva sobre a nosa relación coa natureza e tamén sobre o trato que temos con outros seres diferentes a nós.
A historia está creada partindo do Kishōtenketsu, unha técnica narrativa oriental que ten una estrutura en catro actos en que se amosan eventos que en aparencia non teñen relación, pero a suma deles forma un todo que os transcende. Esta técnica parte da contemplación do universo, de entender como é e de aceptalo sen máis.
Aibō, de Compañía Eléctrica
Actrices: Areta Bolado e Iria Pinheiro-Santos.
Voz en off: Ailén Kendelman.
Música: Paulo Pascual Castro (modulador de ondas).
Parece que capaches a nosa publicidade... Os anuncios da nosa páxina permiten á erregueté manterse activa. Desactiva o Ad Blocker e refresca a páxina para poder desfrutar dos nosos contidos con normalidade.
Para ofrecer mellores experiencias, usamos cookies para gardar ou acceder á información do dispositivo. O teu consentimento permite procesar datos como a navegación. Non consentir pode afectar certas funcións do sitio.
Funcionais Always active
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario para o lexítimo propósito de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou co único propósito de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estatísticas
O almacenamento ou acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fins estatísticos.The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento ou acceso técnico é necesario para crear perfís de usuario para enviar publicidade, ou para seguir ao usuario nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.