in

Rocío González obtén o XIX Premio Maruxa Villanueva

Rocio Gonzalez |
Imaxe de Rosinha Rojo.

A actriz Rocío González vén de gañar o XIX Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva 2020. Tal e como se recolle na acta da resolución, o xurado valorou “a súa capacidade de crear un personaxe complexo desde a contención no nivel expresivo do personaxe de Ada en Liberto”. Ademais, tivo en conta tamén “o seu compromiso como actriz na valoración dun modelo para o galego oral, así como a súa capacidade para implicarse en proxectos de moi diverso tipo”.

O xurado, que se reuniu hoxe en Padrón para resolver o premio, estivo integrado por Lorena Couso Dopazo, concelleira de Cultura do Concello de Padrón, e contou, como vogais especialistas nas artes escénicas en Galicia, con Inma López Silva, escritora e profesora na ESAD de Galicia; Carlos Caetano Biscainho Fernandes, actor e profesor da Universidade da Coruña; Afonso Becerra, dramaturgo, profesor na ESAD de Galicia e director da erregueté | Revista Galega de Teatro; Roberto Pascual, profesor na ESAD de Galicia e director da MIT; e Comba Campoi, doutora especialista en teatro de figuras animadas e monicreques. A secretaria foi Mª Cruz Taboada, animadora social do Concello de Padrón.  

Rocío González acadara tamén o Premio María Casares á mellor interpretación feminina protagonista polo seu papel de Ada en Liberto, de Rebordelos Teatro.

WhatsApp Image 2021 04 12 at 13.49.41 2 |
O alcalde do Concello de Padrón co xurado do premio.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Festival de Teatro Universitario de Lugo

Presentado o programa do Festival de Teatro Universitario de Lugo

Francisco A. Vidal CastroBal 2013 01 |

Francisco A. Vidal gaña o III Premio Laudamuco