in ,

6coreógrafas: fin de semana de danza na Estrada

6coreógrafas
Imaxe de Miramemira | Plastic, de Paula Quintas

Paula Quintas presenta o seu proxecto de reactivación de espectáculos, apoiado polo Concello da Estrada e beneficiario dunha axuda ao impulso das artes escénicas da AGADIC, con actividades de difusión da danza para todos os públicos do venres 23 ao domingo 25 de abril.

6coreógrafas, mostra de espectáculos de creadoras galegas en formato de solos de rúa ou escénicos, desenvólvese esta fin de semana no Concello da Estrada. Desde este venres ao vindeiro domingo, seis creadoras galegas presentarán as súas propostas unipersoais de danza na localidade pontevedresa.

O mostra, impulsada pola coreógrafa e bailarina Paula Quintas, foi beneficiario dunha axuda ao impulso das artes escénicas da AGADIC, dentro do plan de reactivación de espectáculos do Xacobeo 2021 · Xunta de Galicia.

Programa 6coreógrafas

Venres 23 de abril · 19.30h · Alameda Municipal

Miñaxoia, de Clara Ferrao


Publicidade

Un corpo, unha vibración, un croque, huna fractura. Non me destrúe. Esta situación non se ten en conta, e eu, miñaxoia, confío en que isto vai cambiar. Ás veces todo parece invisible, só está o corpo, só o cansanzo, só o movemento inagotable que me permite recoñecer onde me atopo. A casualidade organizada abre un espazo en branco no que poder entrar. O corpo difumínase, atopa unha nova vibración. O corpo transfórmase, haberá unha solución que descoñezo.

Venres 23 de abril · 20.30h · Teatro Principal

Bailar agora, de Marta Alonso Tejada

Bailar agora é unha sorte de imperativo cara a un posicionamiento no Presente, social e persoal, a través da danza. Un impulso por situarnos no tempo actual das cousas, con plena consciencia sobre o que estamos a facer e cómo estamos a vivir o aquí  e o agora. A proposta sobre como facelo é clara: bailando.  

Sábado 24 de abril · 19.30h · Alameda Municipal

CASTR@, de Begoña Cuquejo

CASTR@ é un proxecto de danza onde se vincula a creación coa memoria histórica. Unha peza curta de danza corporal -presencial- e de realidade aumentada. CASTR@ fainos reflexionar sobre que é un corpo virtual, sobre como se transforman as relacións corporais co espazo. Esta peza presenta así corpos desmaterializados.

Sábado 24 de abril · 20.30h · Teatro Principal

Plastic, de Paula Quintas

O corpo como contedor. Como se dunha Barbie se tratara que co seu corpo de plástico perdura ao longo do tempo, baleira por dentro, hermética ao exterior. Reflexo da importancia que a sociedade actual moderna lle da ao de fóra e non ao de dentro.

Domingo 25 de abril · 19.00h · Alameda Municipal

Vertebrata, de Alejandra Balboa

Unha viaxe emocional no que o corpo é movido polo ruido que o habita. Éste corpo atópase coa dificultade de controlar os seus impulsos internos, intentando descifralos e incluso dominalos. Un vaivén entre a leve asfixia do intento e a pesada carga da debilidade. É a expresión dun animal que exterioriza a través do movemento, os diferentes estados da súa materia.

Domingo 25 de abril · 20.00h · Teatro Principal

O raro é que bailar sexa raroColectivo Vacaburra e Andrea Quintana

Bailar é perigoso, ameaza o sistema, complica a situación. A danza incomoda, afecta, descoloca e complexiza os modos de estar hexemónicos. A danza, contaxiosa e invasiva, desestabiliza as lóxicas da palabra, ameaza a linguaxe normativa. Bailar pode ser unha epidemia.

Programa completo 6coreógrafas 2021

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Kirenia Danza

Kirenia Danza estrea ‘Primeiro a vida!’ en Oleiros

Día Mundial do Libro

Ultimamente non leo moito teatro