O desexo e as circunstancias nas que se crea esta actual Tres Tristres 2.0 conectan e coinciden en certa medida, segundo Kirenia Danza, “coas necesidades particulares nas que foi creada a versión orixinal. Crear unha peza como pretexto do reencontro dun coreógrafo e unha bailarina despois de 20 anos, unha versión 2.0”.
Tres Tristes 2.0
Tres Tristres 2.0 é unha peza que traballa co repertorio da compañía cubana Danza Teatro Retazos espigando materiais antigos de pezas como La casa de María, Mujeres, Rosas y Herencias, Peses en las manos e Tres tristes tres . O motivo da recuperación é mostrar unha alquimia repertorial da tradición propia que queda lonxe, case esquecida polos bailaríns que estrearon as pezas fai dúas décadas.
Tres Tristes 2.0 é tamén unha reflexión sobre temáticas universais coma a soidade, o encontro, a pertenza, o absurdo, a beleza, o grotesco, o misterio e a poesía. Recordos que abriron un acordo silencioso e sen texto; e sobre eles, preguntámonos:
Que pasa cando esquecemos unha coreografía que non foi documentada nun soporte visual?
Como unha bailarina pode recoller a testemuña coreográfica doutras anteriores?
Como lembramos aqueles movementos antigos?
Cal foi a mecánica poética dun movemento perdido?
Como poderemos recuperar os movementos perdidos?
Equipo técnico e artístico
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.
- O Teatro Gorrilla inicia a súa temporada de 2026 - 06/03/2026
- Paula Quintas estrea ‘ROYAL’ - 06/03/2026
- Os XXX Premios María Casares xa teñen finalistas - 05/03/2026



