O próximo venres 13 de xaneiro ás 20:30, a compañía Ártika CIA, estrea o novo espectáculo Mosca, no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña. A nova produción da compañía viguesa está dirixida por Gustavo del Río e fala sobre o acoso escolar a través dun “xogo de nenos que pode converterse nun pesadelo”. O elenco está formado por Fernanda Barrio, Martín Maez e Rocío Salgado. A escenografía vén asinada por Gustavo Brito e a iluminación por Javier Quintana.
A obra somérxese na vida de Pedro, un neno de once anos que sofre acoso escolar homófobo e vive no temor, nos prexuízos e o non saber que facer para solucionalo. O protagonista vese reflectido nos ollos da súa nai, o seu pai e a súa profesora en calquera instante da peza.
O acoso escolar é un dos problemas graves que a nosa sociedade está a sufrir actualmente e Ártika CIA enfróntase a el centrando o proxecto no entorno do menor a través da súa familia e da escola. A impotencia de non saber que facer, a falta de información, o non detectar o problema a tempo, a ausencia, o amor, a compaixón, o acoso…
Ártika Cía quere seguir investigando con temas que son pouco visibles cunha aposta que parte dun texto de Gustavo Del Río (Os Náufragos Teatro) para levar á escena realidades que son moi próximas pero das que debemos continuar expoñendo.