in

No confín de… Inma López Silva

Inma López Silva
Escritora, profesora da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia e crítica teatral. Maternosofía, Aqueles días en que eramos malas, Chámame señora, pero trátame coma a un señor ou, recentemente, O libro da filla (editado por Galaxia) son algunhas das obras dunha das autoras fundamentais nas letras galegas contemporáneas. | Foto: Judit Cendón |

 

O libro que tes sobre a mesa de noite.

Frankisstein: Una historia de amor de Jeanette Winterson; unha reflexión marabillosa arredor dos límites da intelixencia humana fronte á robótica, unha historia de amor, unha lembranza daquela noite de tormenta nos Alpes en que naceu a gran obra de Mary Shelley.

A túa banda sonora destes días.

Comezaron sendo os Smiths ata que Aute nos deixou. Pero desde que se fai medio século da disolución dos Beatles, volvo escoitar en bucle Abbey Road.

O último filme que te impresionou.

J’ai perdu mon corps, un premiadísimo filme de animación de Jéremy Clapin. Poético, intrigante e estraño, que conta a vida dun mozo “lembrada” pola man amputada do seu corpo. Fantástico.

A obra de arte na que te perderías agora.


Publicidade

O xardín das delicias do Bosco. Agora e sempre.

A peza que che gustaría asinar.

Son moi clásica: Hamlet de Shakespeare. Querería tela asinado. Querería ser Peter Brook para tela dirixido. Querería ser Ian McKellen para encarnar o protagonista. Querería debuxala.

Unha figura histórica coa que compartir unha caña.

Fantasío a miúdo cunha mesa tipo Sex and the city acompañada de Catalina a Grande, Mae West, Simone de Beauvoir e Maria Callas.

Se non foses escritora, serías…

Cantante de ópera.

Ernesto Is

(Xixón, 1988) É dramaturgo, narrador oral e docente. Premio Abrente (ex aequo) con 'Fendas' e Premio Rafael Dieste con 'Despois das ondas'. Foi seleccionado polo INAEM no Programa Dramaturgias Actuales ('El hombre que soñaba con elefantes en las estrellas'), no grupo de escrita teatral DramaturXA do CDG ('Onde veñen morrer as baleas') e na bolsa Nuevas Dramaturgias de Euskadi ('Canciones amarillas para flores tristes'). Cofundador da compañía Feira do Leste, coa que estreou 'Exilio das moscas' e 'Tras Tannhäuser' (axudas á Creación Joven do INJUVE). Membro do consello de redacción da erregueté-Revista Galega de Teatro, colabora tamén coa Revista Grial e A Movida de Vigo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Melania Cruz

No confín de… Melania Cruz

PremiBorn2018 1 |

O Premi Born modifica as súas bases para aceptar orixinais presentados por correo electrónico