in

A Bienal de Venecia anuncia novas datas para os festivais de teatro e de danza

college registi |
A Bienal de Venecia anunciou onte novas datas para os festivais de teatro e de danza, confirmando tamén as datas dos certames de arquitectura, cinema e música, logo da reformulación do calendario por mor da pandemia de Covid-19.

 

De acordo cun comunicado divulgado pola organización, o 64º Festival Internacional de Teatro, dirixido por Antonio Latella, desenvolverase entre o 14 e o 24 de setembro, no canto de entre o 29 de xuño 13 de xullo, como estaba previsto.

Ademais, o 14º Festival Internacional de Danza Contemporanea, dirixido pola coreógrafa Marie Chouinard, terá do 13 ao 25 de outubro, en vez de entre o 05 a 14 de xuño.

A organización mantén o adiamento da 17º Exposición Internacional de Arquitetura, que comezará a 29 de agosto –en vez do 23 de maio previsto anteriormente– e terminará o 29 de novembro, dedicada ao tema, “Como vamos vivir xuntos?”, baixo a curadoría de Hashi Sarkis. O 48º Festival Internacional de Música Contemporánea, que dirixe Ivan Fedele, mantén as súas datas, do 25 de setembro ao 4 de outubro.


Publicidade

Venecia opta polo adiamento cando outros grandes festivais de teatro europeos decidiron suspender. O pasado día 14, Olivier Py, director do Festival de Avignon, anunciaba que, finalmente e malia os intentos por manter as datas do encontro, suspendíase a edición de 2020, que incluía montaxes de Oskaras Korsunovas, Ivo van Hove, Dimitris Papaioannou, Victoria Duhamel, Angélica Liddell, Brett Bailey, Jan Martens, Emma Dante ou Jean Bellorini.

O 1 de abril, os responsables do Festival de Edinburgo e do Fringe Festival anunciaran a intención de suspender os festivais este ano.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Tito Asorey

No confín de… Tito Asorey

Empty Theatre |

Os teatros de ópera europeos estiman unhas perdas de 145 millóns de euros